Skip to Content

FIN DE CURSO 2021/2022

Versión para imprimir

Broche dourado para despedir este curso co noso alumnado despois de dous cursos de pandemia sen celebracións.

Noite chuviosa, todo o mundo expectante porque no patio estaban montados unha chea de cousas para desfrutar do día. Por sorte, comezou a abrir o día que finalmente, quedou despexado e con sol...fin de curso en marcha!!!!

Patio de terra GLADIATOR...unha carreira cheiña de obstáculos que como vedes no vídeo foi ben defendida polas nosas nenas e nenos, ós que non lle importou mancharse arrastrándose, subindo por cordas, pasando por rodas...

Para comprobalo, aquí tedes : 

No patio de baloncesto dous inchables cos que desfrutaron a tope peques e maiores. No patio dianteiro varias casetas de xogos de habilidades. No salón de actos DISCOSANGRIÑA na que bailaron e se divertiron.

 AS IMAXES DINO TODIÑO:

Logo merenda...coma en toda carreira, auga e froita coa que coller moooitaaasss enerxías para o peche...

FESTA DA ESCUMA

 

Non queremos rematar sen os  AGRADECEMENTOS: a ANPA e ás familias pola aportación económica e material preparando sen descanso a nosa merenda, a SUPERMERCADOS EROSKI por cedernos a froita, a SERA (Serafín Martinez) e a súa empresa NKO e as mestras e mestres sempre pendentes e dispostxs ata a meterse na escuma vestidos por petición do alumnado!!!

Mil graciñas por este día fantástico que quedará no seu recordo!!!

  



page | by Dr. Radut