Skip to Content

ODAIKO. PERCUSIÓN

Versión para imprimir
22/11/2021 17:03
Europe/Madrid

Como proposta do CEIP AS SOLANAS para celebrar o día de Santa Icía, patroa das músicas e músicos, xuntámonos os tres Centros escolares públicos da Guarda nesta actividade conxunta para asistir a un espectáculo de percusión a cargo do grupo ODAIKO (https://odaiko.es/) tratando de achegar o ritmo as nenas e nenos de forma atractiva e humorística.

O espectáculo combinou instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que os nenos e nenas o pasaran en grande.

Despois de moitos meses sen poder asistir a estas actividades,  enchemos de cor, de alegría e de voces infantis o auditorio de San Bento. Estas son as imaxes que o demostran:

 



story | by Dr. Radut