Skip to Content

PARA ENREDAR: LIBRO DE NÚMEROS

Versión para imprimir

 

Esta actividade nos permite traballar o sistema posicional de numeración e ademáis de forma sinxela e entretida.

 

 

Materiais:           

  • Follas de papel ou cartolina.                   
  • Anillas ou cordeis, las…
  • Un anaco de cartón para facer a base.

 

 

1º Temos que recortar os papeis e rectángulos. Facemos buratos nos papeis e despois escribimos os números desde 0 hasta o 9.

 

2º Cada montonciño de papeis do 0 ao 9 atámolo ou poñemos anilla co cartón.

Podes escribir os valores das cifras de cada número: unidade, decena, centena, unidade de millar…

 

Que podemos facer con esta “libretiña”?

  • Facer dictados de números e o neno/a ten que “representalo” na libreta.
  • Fixarnos cos nenos que en cada posición sempre ten 10 díxitos.
  • Facer sumas: Damos un número, representao e logo engade outro número.

 

 

Tamén poderías usar unha libreta vella e cortala en tantas partes coma díxitos queiras traballar. 

 



page | by Dr. Radut