Lexislación
Axudas para adquirir libros de texto para o curso 2016/17
Enviado por ceiparua o Ven, 27/05/2016 - 10:29Publicouse a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria en centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2016/17.
TIPOS DE AXUDAS
Hai tres tipos de axudas:
1. Participar no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, cursos nos que se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
As condicións son:
. As familias deberán entregar os libros que utilizaron no curso anterior.
. O centro garantirá libros para todo o alumnado con renda per cápita familiar inferior aos 9.000 euros.
2. Convocatoria para adquirir libros de texto destinados ao alumnado de 1º e 2º cursos de primaria.
As condicións son:
. Para alumnado con renda familiar per cápita igual ou inferior a 5.400 euros, un vale de 170 euros.
. Para alumnado con renda familiar per cápita maior que 5.400 euros e menor ou igual a 9.000 euros, vale por 90 euros.
3. Axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado de primaria.
Condicións:
. Alumnado con renda familiar per cápita igual ou inferior a 5.400 euros, un vale de 50 euros.
* O alumnado matriculado en 5º e 6º de primaria nos centros incluídos no proxecto EDIXGAL no curso 2016/17 (como é o caso do CEIP A RÚA) están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar, cando reúnan os requisitos esixidos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
* Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2017.
A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente.
Deberán presentarse en soporte papel no centro docente.
DOCUMENTACIÓN
. Autorización de consulta telemática. No caso contrario deberán entregarse copias do DNI e da declaración da renda das persoas físicas.
. Fotocopia do libro de familia.
. Grao de discapacidade, cando exista.
O impreso para a solicitude poderá recollerse no centro docente e tamén está dispoñible no portal educativo, na dirección web :http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988
Normativa avaliación individualizada 3º curso de Primaria e avaliación final en 6º curso de primaria no curso escolar 2015/16
Enviado por ceiparua o Mar, 26/04/2016 - 16:23Os vindeiros días 11, 12 e 13 de maio (mércores, xoves e venres) terán lugar nos centros educativos as probas de avaliación final de 6º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Os días 24 e 25 de maio (martes e mércores) terán lugar as probas de avaliación individualizada de 3º curso de primaria. Avaliarase a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática.
Ver a información na seguinte normativa:
Lexislación
LEIS XERAIS
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
CURRÍCULO
-
Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia
-
Versión do Decreto 105/2014 en galego:
-
ORDE do 23 de xullo de 2014 pola que se regula a implantación para o curso 2014/15 dos cursos primeiro, terceiro e quinto de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o calendario de aplicación da Lei orgánica 8/2013, para a mellora da calidade educativa. (O capítulo 2 trata da avaliación e da promoción).
PROXECTOS
CONVIVENCIA
CALENDARIO ESCOLAR
ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 13 de xuño de 2014: Calendario escolar 2014-2015
ABSENTISMO ESCOLAR
ADMISIÓN DE ALUMNADO
Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado
AVALIACIÓN
OUTROS DOCUMENTOS
Competencias clave para a aprendizaxe permanente. Marco de referencia europeo.
