Plan Proxecta            

Piensa, crea... ¡Acción!

Proxecto intercentros: Escola Bordils de Girona, CEIP A Rúa Cangas, CEIP Magán de Toledo.

Blog de coordinación do proxecto

Blog "Piensa, crea... ¡Acción! para rexistrar as actividades desenvolvidas neste proxecto.

Proxecto "Piensa, Crea... Acción!" Proxección no Auditorio Municipal de Cangas

O xoves 12 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas proxectaremos unha selección de pezas audiovisuais creadas polo alumnado dos centros participantes no Proxecto Piensa, Crea... Acción! 

Esta proxección forma parte das actividades programadas na convivencia en Cangas con representantes do profesorado e do alumnado dos centros CEIP Santa Marina de Magán (Toledo) ea Escola de Bordils (Girona), que estarán con nós dende o mércores 11 ata o venres 13 de novembro.

O Faro de Vigo recolle así a noticia: A Rúa conecta con Toledo e Bordils

Animamos a toda a comunidade educativa do CEIP A Rúa a participar neste acto.
 
 

Presentación do proxecto "Pensa, crea... ¡Acción!"

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado (INTEF) concedeunos o proxecto "Pensa, crea... ¡Acción" para este curso 2014-2015 (ver convocatoria pinchando na imaxe).

 

http://educalab.es/intef/formacion/formacion-presencial/proyectos-de-innovacion-y-mejora

 
 O proxecto "Pensa, crea... ¡acción! (Os medios audiovisuais para o desenvolvemento das competencias clave) é un proxecto conxunto dos centros CEIP Santa Marina de Magán (Toledo), CEIP A Rúa de Cangas do Morrazo (Pontevedra) e Escola de Bordils (Girona).

  A tal efecto creamos o Blog "Piensa, crea... ¡Acción! para rexistrar as actividades desenvolvidas neste proxecto.

 As tecnoloxías audiovisuais comprenden aqueles medios e dispositivos que combinan a imaxe e o sonido para a transmisión da mensaxe. A través delas, as tres escolas pretendemos mellorar a formación do alumnado e cohesionar a comunidade educativa seguindo unhas liñas básicas de actuación:

 - Formación do alumnado: coñecementos curriculares, linguaxe audiovisual, competencias clave, coñecemento doutras realidades sociais, formación integral da persoa.
 - Formación do profesorado: intercambio de experiencias, aprendizaxe entre iguais, mellora da competencia audiovisual, innovación metodolóxica, traballo interdisciplinar.
 - Formación das familias no uso das novas tecnoloxías e prevención de riscos en internet.
 - Inclusión das familias no proceso educativo dos fillos.
 - Repercusión do proxecto no entorno máis próximo do centro.

 Estas liñas de actuación estarán presentes nas temáticas comúns e específicas que cada centro desenvolverá coa súa comunidade educativa.

Distribuir contido

Eventos

« Decembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Browse for audio by