5º Curso

Presentamos "Deixando atrás", o noso documental do proxecto Cine en Curso

Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60.

Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo.

 


ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ:

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás".


  A seguir presentámosvos algúns dos momentos estelares da presentación do noso documental:

1) Estrea do documental no CGAI, en A Coruña. 
 

O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso en Galicia. Despois de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
 
  Un momento da estrea no CGAI

  

2) Estrea do documental en Cineteca de Madrid. 
 O día 16 de xuño os alumnos do Colexio Lourdes-Fuhem (Madrid), o Colexio Montserrat-Orcasitas (Madrid), o CEIP A Rúa (Cangas), a Escola de Bordils (Bordils), o Institut Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e o Institut Milà i Fontanals (Barcelona) estrean as súas películas na Cineteca de Madrid.
Un momento da estrea na Cineteca de Madrid
 
 
 
 Os nenos co director de cine Fernando Trueba
 


3) Presentación do documental ás familias dos nenos e nenas de 5º de Primaria no CEIP A Rúa.


Un momento da estrea no CEIP A Rúa



En novembro, cando veñan os alumnos/as de Toledo e Bordils, contamos con facer a estrea no Auditorio para o resto do centro e para todas as persoas que queiran compartir connosco este emocionante momento. Será unha festa audiovisual na que se exporán traballos dos tres centros educativos.



4. Making Off (Imaxes)

Y dejó escapar sus ojos

O pasado xoves 7 de Maio, María veu lernos un conto que se titulaba “Y dejó escapar sus ojos”; o conto trataba dunha rapaza, Violeta, que era florista, tamen dito, “estilista de flores”. Un dia foi a unha festa e coñeceu un rapaz que lle gustaba pero o rapaz tan só lle dixo: “Me gustan tus ojos porque son bonitos”, e foise. Violeta entristeceuse porque nunca chegaba o seu amoriño pero, cando xa pasara páxina, chegoulle unha carta del e, ela tan só dixo: NON. Xa se cansara de esperar e aprendeu a quererse a si mesma e ser feliz coas cousas que lle gustaban.


María léndonos o conto

Autor: Adrián, 5º Primaria

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres 16 de xaneiro tivemos a visita dunha muller garda civil que nos falou sobre a violencia de xénero.

Falounos dos distintos tipos de maltrato que hai como, por exemplo, físico, psicolóxico ou emocional, sexual...Tamén nos contou que antigamente aos homes pagábanlle máis que ás mulleres por facer o mesmo traballo, e que aínda hoxe pasa iso. Eran as mulleres as que tiñan que facer todos os traballos da casa mentras os homes sentaban no sofá ou ían ao bar. Comentounos que a xente pensa que é moito máis grave o maltrato físico que o psicolóxico pero é igual de grave.

Unha compañeira contou que no seu edificio uns veciños pasaban a maioría do tempo berrando e, que para poder durmir, tiña que subir a música.

En definitiva que entre todos/as temos que loitar para que a desigualdade de xénero desapareza, e temos que aprender a respetarnos entre nós.

(Autora: Mar)

A lenda do espantallo (versión inventada)

Presentámosvos unha versión da curtametraxe "La leyenda del espantapájaros", narrada polo alumnado de 5º curso de primaria. O audio foi elaborado polo alumnado sen coñecer previamente o texto orixinal. Todas as decisións foron consensuadas na aula a partir das diferentes propostas. Sorprende a grande cantidade de coincidencias entre a versión orixinal e esta, pero son pura casualidade. O traballo máis difícil foi facer cadrar as imaxes co ritmo do audio. Esperamos que vos guste!

Este curso faremos un documental!

 O venres día 7 de novembro fixemos unha saída a A

Coruña. Ao chegar alí merendamos nas escaleiras do

CEGAI. Fomos a que nos ensinaran como facer un

documental. Participamos con nenos e nenas doutro

colexio. Explicáronos dúas mozas de Barcelona,como facer

vídeosde travelling, e ensináronnos algúns vídeos.  O

travelling consiste en facer unha gravación lateral,

aérea...

 

Logo marchamos ao Museo Nacional de Ciencia e

Tecnoloxía. Primeiro comemos no comedor do museo.

Despois entramos nel, había cousas moi antigas como por

exemplo: móbiles, máquinas de escribir, ordenadores... 

Despois de ver o museo merendamos no comedor.

 

Mais tarde viu o autobús a buscarnos. De regreso vimos a

Torre de Hércules. No bus vimos as bonitas paisaxes que

ten A Coruña. Ao chegar ao cole nos recolleron os nosos

pais e nais e todos nos fomos felices e contentos para as

nosas casas.

 

 

"Viaxe á Lúa", de Georges Méliès.

A VIAXE Á LÚA

Os nenos de quinto de Primaria fixemos un pequeno resumo da película que vimos "A viaxe á Lúa", de Georges Méliès. Aquí volo deixo para que o gocedes. 

  Uns astrónomos estaban reunidos dialogando sobre a viaxe á Lúa que ían facer. Construíron o foguete e montáronse nel. Ían directos á Lúa cando impactaron contra ela. Celebraron que chegaron. Estaban tan cansos que se puxeron a durmir. Entón víronse varias constelacións, despois, como una choiva de estrelas. Cando espertaron foron ó outro lado da Lúa e alí atopáronse cos selenitas. Os habitantes do noso satélite fixeron ós terrícolas prisioneiros. Escapáronse, montáronse no foguete, e marcharon cara á Terra.

Sheyla

Distribuir contido