DECLARACIÓN RESPONSABLE E ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID-19
Como xa explicamos nas xuntanzas iniciais, cada familia deberá asinar, no inicio do curso, unha Declaración Responsable na que se compromete a realizar cada día ao/á neno/a a Enquisa de Autoavaliación Clínica do COVID-19.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO
A orde do 6 de novembro de 2020, establece o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado.
Prazo de tramitación: Dende hoxe, luns 16, ata o 27 de novembro.
Terá dereito a esta axuda o alumnado que se beneficiou da axuda de material escolar no actual curso 2020-2021. Neste caso, NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
Tamén poderán acceder:
- Familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (na Renda de 2018)
- Alumnado matriculado en Educación Especial.
- Alumnado en tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
Nestes casos deberán cubrir a solicitude adxunta.
HORARIOS CONFINAMENTO
Anexo 1 do Plan de Continxencia do centro
De acordo coa Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, do 2 de novembro de 2020, pola que se aproba o Plan de Continxencia ante posibles peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensinonon universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021, este documento concreta os horarios do alumnado e profesorado de 3º a 6º curso de Educación Primaria en caso de corentena nunha aula ou de confinamento total.
A carga lectiva incluída nestes horarios respecta o mínimo do 60% para cada materia establecido na devandita Resolución, aínda que na práctica poderá ampliarse en función das necesidades de cada grupo (dificultades de conexión conxunta, coincidencia de horarios entre irmáns, incompatibilidade do horario coa conciliación familiar e laboral…) Chegado o caso, as titoras estarán en contacto coas familias e co profesorado especialista para facilitar o acceso de todo o seu alumnado.
Tendo en conta a experiencia do confinamento anterior, consideramos que podería ser máis operativo e práctico para o alumnado o agrupamento das sesións correspondentes a cada materia no mesmo día, respectando no posible o horario presencial no caso das especialidades, por se é só unha aula a que ten que confinarse, xa que o profesorado especialista tería que continuar co seu horario habitual no resto dos cursos. Isto favorecería ter o tempo necesario para transmitir as explicacións e instrucións necesarias en cada materia, evitando os cortes e as dificultades que se producen habitualmente no establecemento das conexión virtuais. Sen esquecer que, respectando o proxecto educativo do centro, as propostas que se fagan ao alumnado buscarán o desenvolvemento das competencias e a interdisciplinariedade. Por iso, cada materia non se traballaría só no momento establecido no horario, senón que haberá distintas propostas na aula virtual que o profesorado explicará no tempo establecido para iso.
Sen embargo, de acordo coas instrucións recibidas, incluimos a continuación os horarios oficiais entregados á inspección educativa, facendo constar que de acordo co principio de autonomía do centro, estes poderán sufrir modificacións en función das necesidades do alumnado e das súas familias, en base a criterios de calidade, equidade e diversidade. Tamén poderán verse adaptados para respectar a liña de traballo do centro, que se caracteriza polo emprego de metodoloxías activas como o ABP, as tarefas interdisciplinares ou a aprendizaxe cooperativa.
No caso de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria arbitraranse medios máis intuitivos como blogs ou SITES para presentar as propostas de traballo.
Horarios de 3º a 6º de Primaria:
3º Primaria |
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
9:30 |
Matemáticas |
Lingua Castelá |
Inglés |
Matemáticas |
CC. Naturais |
10:20 |
CC. Sociais |
Ed. Física |
Inglés |
Lingua Castelá |
CC. Sociais |
11:10 |
Lingua Castelá |
Matemáticas |
Matemáticas |
Ed. Musical |
Lingua Galega |
12:00 |
|
|
|
|
|
12:30 |
Valores/Relixión |
Lingua Galega |
CC. Sociais |
Lingua Galega |
Inglés |
13:40 |
Lingua Galega |
Ed. Plástica |
CC. Naturais |
Lingua Castelá |
Ed. Física |
60% conexión + 40% tarefas |
4º Primaria |
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
9:30 |
Matemáticas |
Matemáticas |
Lingua Castelá |
Lingua Castelá |
CC. Naturais |
10:20 |
Matemáticas |
CC. Sociais |
Matemáticas |
Lingua Galega |
CC. Sociais |
11:10 |
Ed. Física |
Inglés |
Valores/Relixión |
Ed. Física |
Inglés |
12:00 |
|
|
|
|
|
12:30 |
Lingua Castelá |
Lingua Galega |
Inglés |
Ed. Musical |
Lingua Galega |
13:40 |
Lingua Castelá |
Lingua Galega |
CC. Naturais |
Lingua Galega |
Ed. Plástica |
60% conexión + 40% tarefas |
5º Primaria |
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
9:30 |
Ed. Física |
Lingua Castelá |
Lingua Galega |
Lingua Galega |
Lingua Castelá |
10:20 |
Inglés |
Matemáticas |
Matemáticas |
Lingua Galega |
Matemáticas |
11:10 |
Valores/Relixión |
Inglés |
Matemáticas |
Matemáticas |
Inglés |
12:00 |
|
|
|
|
|
12:30 |
Lingua Galega |
Ed. Musical |
Lingua Castelá |
Ed. Física |
CC. Naturais |
13:40 |
CC. Sociais |
Ed. Plástica |
Lingua Castelá |
CC. Naturais |
CC. Sociais |
60% conexión + 40% tarefas |
6º Primaria |
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
9:30 |
Lingua Galega |
Matemáticas |
Lingua Galega |
Matemáticas |
Ed. Física |
10:20 |
Matemáticas |
Lingua Castelá |
Matemáticas |
Lingua Castelá |
Inglés |
11:10 |
Matemáticas |
Ed. Física |
Inglés |
Lingua Galega |
Lingua Galega |
12:00 |
|
|
|
|
|
12:30 |
Inglés |
Ed. Plástica |
Valores/Relixión |
CC. Naturais |
CC. Naturais |
13:40 |
CC. Sociais |
Ed. Musical |
Lingua Castelá |
CC. Sociais |
CC. Sociais |
60% conexión + 40% tarefas |
ESCOLA DE FAMILIAS
O CEIP A Rúa, en colaboración co Centro Municipal de Benestar Social e a ANPA, convídante a unha charla informativa sobre a ESCOLA DE FAMILIAS.
Data: Mércores, 21 de outubro.
Hora: 18.00 horas.
Lugar: Salón de Plenos do Concello.
Podo criar sen berrar todo o día? E educar dende o afecto?
Como podo comunicarme dun xeito eficaz?
De que maneira podemos mellorar a estabilidade emocional e as relacións familiares?
Que fago para ter autocontrol nunha situación de crise?
A estas preguntas e a outras referidas ao benestar familiar pretendemos darlle respostas nas escolas de familias, un espazo onde podes preguntar, falar si te apetece, no que te escoitan e onde podes escoitar a outras persoas con intereses similares aos teus.
Si estás interesada/o en acudir á charla, ou non podes vir pero si que te interesaría asistir á ESCOLA DE FAMILIAS, enche e reenvía o seguinte cuestionario:
O primeiro día
Por fín chegou o día da volta á clase!
É certo que todo e moi distinto: cambiaron as normas, os espazos, a organización, os horarios, incluso as caras nas que agora só vemos os ollos. Pero o que non cambiou foi a ilusión de volver a compartir sorrisos, momentos, experiencias e emocións.
Quixemos facer un recibimento distinto, aproveitando o patio e o bo día que tivemos. Cada titora agardou ao seu grupo nun espazo determinado.
Sen esquecer as medidas de seguridade: máscara, distancia e lavado frecuente de mans.
Despois fomos ás clases e puxémonos ao día coas novas normas que temos que seguir:
Un gran día!!!
COMEDOR ESCOLAR 2020-2021
Achégannos dende o Concello a seguinte información:
Inicio : Mércores 16 de setembro 2020
Funcionamento :
A hora límite para recollida dos/as nenos/as é as 15:30 horas.
Prégase as familias puntualidade na recollida dos/as nenos/as.
As nais e pais non poderán acceder ao comedor escolar e seguirán as instruccións que dende o centro se den para a recollida dos menores.
A disposición das mesas e dos postos de comedor cumpren a normativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
Prezo: 3,80 € menú/día
Empresa responsable do servizo: Alimentación saludable Gallega S.L.
RESUMO PLAN DE ADAPTACIÓN COVID
Folleto resumo coas medidas recollidas no Plan de Adaptación COVID 20-21, que será publicado en breve nesta web:
Preinscrición Comedor Escolar 2020-2021
Información que nos traslada o Concello de Cangas sobre o comedor escolar para o próximo curso:
"Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o protocolo da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) .
Tendo en conta as posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca (axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o establecemento doutros criterios de admisión.
As solicitudes entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes. En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo establecido.
Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.
1.- Centros escolares:
Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret
2.- Prazo :
O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.
Presentarase a correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Toda a información así como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do concello de Cangas. Ademais poderán enviarse as solicitudes de información ao correo ensino@cangas.gal.
As solicitudes poderán presentarse a través do rexistro municipal do Concello de Cangas ou a través do correo electrónico da concellería de educación do concello de Cangas ensino@cangas.gal.
3.- Funcionamento do servizo:
O servizo de comedor escolar prestarase os días lectivos do curso escolar 2020-2021, dende o primeiro ata o último día que se establece no calendario escolar para o curso. Tendo en conta que este servizo se rexe pola normativa da comunidade autónoma de Galicia , e o Convenio de colaboración asinado polo Concello de Cangas e a Consellería de Educación para a xestión dos comedores escolares nos cursos 2019-20, e 2020-21, se houbese algún cámbeo a este respecto que puidera afectar ou ser de aplicación a este servizo, esa norma sería de aplicación e de cumprimento obrigado tanto para os/as usuarios/as como para a empresa adxudicataria da xestión.
O funcionamento dos comedores escolares estará condicionado pola situación sanitaria, instrucións, e directrices das autoridades competentes que se diten en relación coa COVID-19. Polo tanto é posible, que, se as directrices das autoridades correspondentes, cambian, tamén se teña que adaptar o servizo de comedores, o que pode obrigar a establecer novas restricións no número de usuarios/as, modificacións na modalidade de asistencia nas que se establezan novos criterios de admisión, adaptación de novos espazos, novas condicións de obrigado cumprimento, entre outras, e que serán comunicadas oportunamente a todos/as usuarios/as, e a comunidade educativa en xeral."
