6º Curso

REGUEIFA COLECTIVA CON ALGÚNS COLES E INSTIS DE GALICIA

O alumnado de sexto tras a súa practica regueifando, no curso de regueifas que fixeron no colexio, remataron colaborando nunha regueifa colectiva con outros centros de ensino galego, esperamos que vos guste...

NOVO BLOG SEXTO 2021-22

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), polo proxecto "Cineando Ilusións", que levaron a cabo durante o curso 2013-2014 os alumnos/as da aula de 6º de primaria e varios dos seus profesores/as.

A nova aparece publicada no xornal FARO DE VIGO con data do 3 de outubro: 

Lembramos que o alumnado foi o protagonista da elaboración dun documental que levou por título "Massó no recordo", asesorado por técnicos profesionais.

Este documental está publicado na web de Vimeo:

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014

 Se queredes coñecer máis sobre o proceso de elaboración do documental, o rexistro levouse a cabo na Site:

https://sites.google.com/site/cineandoilusions/proxecta-cine-en-curso

O portal da Consellería de Educación e do MECD tamén publican a nova:

http://www.man.es/prensa-mecd/actualidad/2014/09/20140929-premios.html

http://www.edu.xunta.es/web/node/13522

Documental "Massó no recordo"

Onte, xoves 12 de xuño, puidemos ver no Auditorio de Cangas a estrea do documental "Massó no recordo", elaborado polo alumnado do 6º curso de primaria do CEIP A Rúa, co acompañamento dos seus profesores e do director de cine Ángel Santos, dentro do proxecto Cine en Curso.

A presentación foi un éxito completo, dirixida polos anfitrións Ían, Candela e Néstor e co auditorio repleto de público, comezando polos pais e nais dos nenos e tamén con moitos avós e avoas que querían refrescar a súa memoria.

Moitas grazas a todos os que fixeron posible este documental, moi especialmente a todas as mulleres e homes que no seu día traballaron nesta fábrica emblemática de Cangas e que hoxe, convertidos en avós dos alumnos, se ofreceron a lembrar a súa historia.
 
Vemos a seguir unha presentación-resumo das fases de elaboración do documental (documentación, rodaxe, montaxe):
 

 E por fin o documental "Massó no recordo", de case 20 minutos de duración. Esperamos que sexa do voso agrado. (Pinchar na imaxe para visualizalo).

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014

 

Estrea do documental "Massó no recordo" no Auditorio de Cangas !!

   

Os alumnos e alumnas de  6º curso do CEIP A Rúa comprácense en invitarlle á presentación do documental
 
 
MASSÓ NO RECORDO

 

Actividade do Plan Proxecta “Cine en curso” en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe

 

Xoves 12 de xuño ás 9 da noite
Auditorio de Cangas
 
 

Cine en curso

 

CINE EN CURSO 2015-2016

Neste curso traballaremos un proxecto para rodar unha curtametraxe de ficción.

Blog do proxecto

Diario dos obradoiros (Web de Cinema en curso)

 

 

AS MIGRACIÓNS EN CANGAS

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións en Cangas, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes.

 O traballo que imos desenvolvendo durante este curso queda rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Neste blog podedes seguir o noso proceso de formación.

O diario de aula queda recollido na Site Sempre en Cangas 

Finalmente, no mes de xuño presentamos o noso documental "Deixando atrás", ao que podedes acceder no enlace anterior.

 

 

CINEANDO ILUSIÓNS

No curso 2013-2014 foinos concedido participar no Cine en Curso co proxecto "Cineando ilusións". Este proxecto permite que o alumnado de 6º curso de primaria participe activamente na elaboración dun documental sobre a fábrica de Massó de Cangas, asesorados por técnicos profesionais.

Ver aquí a documentación do proxecto e as actividades realizadas.

Por este proxecto foinos concedido o premio de Alfabetización Audiovisual, polo Ministerio de Educación.

Na web de Gingko recóllese unha entrevista ás profesoras implicadas no proxecto.

Distribuir contido