Secretaría
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017
Enviado por admin o Lun, 25/01/2016 - 23:11Comeza o período de matrícula para o curso 2016-2017
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.
Publícanse, xa que logo, os formularios de solicitudes
Os postos escolares vacantes estarán publicados no taboleiro de anuncios do centro, e son os seguintes:
EDUCACIÓN INFANTIL
- 4º curso de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.
- 5º curso de Educación Infantil (4 anos): 1 prazas
- 6º curso de Educación Infantil (5 anos): 4 prazas
EDUCACIÓN PRIMARIA
- 1º curso de Educación Primaria: 2 prazas + 3 prazas para n.e.e.
- 2º curso de Educación Primaria: 2 prazas
- 3º curso de Educación Primaria: 5 prazas
- 4º curso de Educación Primaria: 9 prazas
- 5º curso de Educación Primaria: 0 prazas
- 6º curso de Educación Primaria: 4 prazas
Prazos:
Artigo 10.2. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.
Artigo 14.1. Solicitude de admisión
1. O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II desta Orde.
- Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 29 de marzo.
- Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 13 ao 19 de abril.
- Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
- Reclamacións ás listas provisionais: do 26 de abril ao 2 de maio.
- Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
- Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería)
- 2 fotografías tamaño carné
- Fotocopia do libro de familia ou do DNI
- Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas
- Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou seguro do/a neno/a
- Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
- Certificado de empadroamento (só no caso de baremar)
INFORMACIÓN DE INTERESE
- Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Libros de texto para o curso 2015-2016
Enviado por admin o Mar, 23/06/2015 - 10:11LIBROS DE TEXTO (2015-2016)
1º curso
- Matemáticas: Aula Activa 1º, ED. VICENS VIVES
ISBN: 978-84-682-2028-4.
- Estrelamar- Proxecto Saber Facer 1º, ED. SANTILLANA.(Lingua, Ciencias da Natureza, e Sociais).
ISBN:978-84-9972-414-0.
2º curso
- Matemáticas: Aula Activa 2º, ED. VICENS VIVES.
ISBN:978-84-682-2834-1.
- Estrelamar- Proxecto Saber Facer 2º, ED. SANTILLANA.(Lingua, Ciencias da Natureza, e Sociais).
ISBN:978-84-9972-947-3.
4º curso
- Matemáticas: Matemáticas 4, Aula Activa, ED. VICENS VIVES
ISBN:978-84-682-2881-5.
- Lingua Galega: Lingua 4.Aprender e crecer en conexión, ED. ANAYA.
ISBN:978-84-678-8013-7.
Ciencias Sociais: Talentia, ED. EDEBÉ-RODEIRA
ISBN:978-84-8349-414-1.
- Ciencias Naturais: Talentia, ED. EDEBÉ-RODEIRA
ISBN:978-84-8349-413-4.
- Dicionario de Lingua Galega.
Nota: A lista de materiais será facilitada polos titores/as en setembro.
Axudas para libros de texto no curso 2015-2016
Enviado por admin o Mar, 02/06/2015 - 17:17Publicouse a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
Pódese descargar a solicitude na seguinte ligazón:
LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015
Enviado por admin o Ven, 20/06/2014 - 12:57Aquí están os listados dos libros de texto e os materiais necesarios para 2º, 4º e 6º, para o curso 2014-2015.
Libros de texto para o curso 2014-2015
Material escolar para o curso 2014-2015
A publicación dos libros e o material que se utilizará en 1º, 3º e 5º de Primaria queda pendente da aprobación do Decreto que desenvolve a LOMCE en Galicia
AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 2014-2015
Enviado por admin o Mar, 10/06/2014 - 08:40Convocatoria: Orde do 28 de maio de 2014.
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un documento que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2012.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
Matrícula curso 2014-2015
Enviado por admin o Mar, 22/04/2014 - 23:06Comeza o período de matrícula para o curso 2014-2015
Os postos escolares vacantes están publicados no taboleiro de anuncios do centro.
Prazos:
- Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
- Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 24 de marzo ao 4 de abril.
- Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
- Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
- Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
Documentación necesaria:
