COÑECENDO A HENRI MATISSE

@s nen@s de  1º e 2º de EP na clase de plástica coñeceron da man de Dean ( o noso auxiliar de conversa) a un pintor moi especial: o xenial Henri Matisse, que coas súas tesoiras fixo grandes obras....e ns non quixemos ser menos. Verdade  que nos quedaron chulas as nosas creacións?

CHARLA ANFIBIOS

Dar grazas a Miguel, experto en anfibios e tamén mestre, por acercarse ao noso Centro e darlle unhas charla @s nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º de EP sobre os anfibios. Coñecendo un poco máis sobre estes seres vivos  e poidendo ver e gozar  das fotos que lles fai el cando sae a observar a natureza.

 

Maleta Inglés

Neste curso o colexio participa na actividade  das Bibliotecas escolares de Galicia:  Maletas  Viaxeiras. A primera que solicitamos para  o noso centro é a "Maleta de Inglés" que nos acerca libros e DVD en inglés para todas as idades. Imos xuntos/as ler!

 

Castañas e xogos tradicionais

Neste frío  mes de novembro,

con castañas o Magosto celebro.

 

Froitos de Outono

Chegou o outono e  no colexio  xa podemos probar  dos  froitos de outono que recollen na Estación Fitopatolóxica do Areeiro ( da Deputación de Pontevedra).

Este ano podemos degustar: abelás, castañas ( que  xa as asamos no magosto), noces,  feixoas e guayabos.

Proceso Eleccións Renovación Consello Escolar 2018

 

1. Sorteo para creación da Xunta Electoral.  ANEXO I

2. Constitución da Xunta Electoral ( 5/11/18)

3. Candidatas/os ao Consello Escolar (nais/pais e profesorado). ANEXO II

Coidado, coidado, xa están aquí!!

No colexio xa está case todo preparado todo para a Festa do Samáin.

Calacús,morcegos, momias, vampiros, monstruos, meigas,  pantasmas e demais.

 

Coñecer as plantas e froitos do noso monte.

Nestas semanas de bo tempo, fixemos algunha saída cos máis pequenos de Primaria para que coñeceran  e recoñeceran as distintas árbores  autóctonas do monte que temos máis preto do colexio como: loureiros, carballos, castiñeiros, maceiras,... ver os froitos que producen algunhas delas. Tamén observamos os insectos que habitan nalgúns troncos e follas secas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, con ese motivo realizáronse no colexio distintas actividades que xiraron entorno a este espazo.  Desde o centro queremos potenciar este espazo a través de distintos recursos de animación á lectura, xa que   todas e todos teñen cabida nel.

Coñecendo os instrumentos

Nas clases de música imos probando distintos instrumentos que tran @ nen@s e a profe, así tamén aprendemos a clasificalos:

 

 

  -percusión ( medeira, metal e pel);

Eventos

« Septembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
Distribuir contido