Proxecto "Os Contos"

Un dos proxectos que desenvolve o colexio neste segundo trimestre son "Os Contos".

Proxecto "Os Contos"

Semana da Prensa 2018

Durante a  Semana da Prensa repartíronse durante toda a semana  periódicos nas aulas . Ademais, fixéronse  no Centro  distintas actividades relacionadas con este medio. Usando tanto o periódico coma  a prensa dixital. 

Semana da Prensa 2018

8 M "Día da Muller Traballadora"

Desde o colexio celebramos este día facendo  a nosa particular homenaxe cun mural a todas aquelas mulleres escritoras de contos e colocamos un expositor de contos só de escritoras .

   8 M   "Día da Muller Traballadora"

Loita Olímpica

Dentro do Programa Xogade as nenas e nenos de Ardán de 3º/4º e 5º de EP participaron na especialidade de Loita Olímpica. As probas realizáronse no Colexio do Sequelo.

Loita Olímpica

#AbrideAFiestra

Con motivo do nacemento do Día de Rosalía o 24 de febreiro desenvolvéronse no Centro unha serie de actividades para que as rapazas e  rapaces coñezcan máis a vida e obra da nosa  Poetisa Galega. Entre as distintas propostas foi a  elaboración destos mandalas pendurados nas fiestras para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. en colaboración coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).

#AbrideAFiestra

Charlas Compostaxe

Hoxe 15 de febreiro TODO o colexio tivo unhas charlas didácticas dentro do Centro sobre o proceso de compostaxe e todo o que iso conleva.... Previamente falouse sobre os tipos de residuos e a importancia de reciclar.

Charlas Compostaxe

Un Entroido de conto

Xa està aquí, xa chegou a maxia do Carnaval ao cole de Ardán.
Este ano todas/os  disfrazámonos de personaxes de conto: ananiños ,Brancaneves,lobos, Carapuchiñas, avoìñas unicornios,raíñas e princesas,  Epi e Blas, abellas, algún monstruo,  ratiños que seguen ao frautista de Hammelin,... un desfile de CONTO!!

Un Entroido de conto

O Entroidiño

Este ano o Entroidiño disfrazouse de Caillou (personaxe de conto) e visitou às nenas e nenos de Ardán. Foi todo un acontecemento. Durante toda esta semana deixará unhas mensaxes, coma levar unha prenda ao revés se o queres pasar ben. 

O Entroidiño

DÌA DA PAZ

O Dìa da Paz e da Non Violencia o celebramos ao grande no colexio. As nenas e nenos inventaron poemas e frases sobre a PAZ que van ser colgados nas aulas. Tamèn enviamos uns desexos:

DÌA DA PAZ

Festival de Panxoliñas

Coma todos os anos @s nen@s cantaron  e bailaron distintas panxoliñas às familias e profesores que estaban alì no Centro. Ademais tivemos a visita  de antigos alumn@s e profesores o que se agradece moitìsimo!

Festival de Panxoliñas

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Distribuir contido