UN DÍA NAS ILLAS CÍES

A saída ás Illas Cíes foi un día inolvidable para tod@s. Despois de tantas semanas de espera debido as incidencias metereolóxicas, ao final @s nen@s de Ardán poideron coñecer uns dos maiores tesouros que contén a ría de Vigo , o Parque Nacional das Illas Cíes, tamén bautizada polos romanos co nome das “Illas dos Deuses”.
Fixemos varias rutas de senderismo ao longo do día, unha pola mañán (Ruta ao Faro ) e outra pola tarde (Ruta do Alto Príncipe). Na que nos acompañaron dous guías que nos explicaron a historia e a fauna e flora singular da illa.
Grazas ao microclima das illas, o tempo acompañounos, e poidemos pegarnos o baño tan desexado nesas augas cristalinas ( e un pouco frías) dunha das mellores praias do mundo.
Ademais, vimos en vivo e en directo unha familia de golfiños, un polbo, crías de gaivotas,... NATUREZA EN ESTADO PURO.

UN DÍA NAS ILLAS CÍES

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930