Saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

A visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro foi unha experiencia marabillosa para @ nen@s.  Alí está ubicada unha das concentracións máis importantes en calidade e cantidade de gravados rupestres ou petróglifos  de toda Europa (declarado Monumento Histórico Artístico). Acompañad@s  de dúas  arqueólogas profesionais  poideron ver, entender  e apreciar o valor destes petróglifos. Tamén coñeceron como vivían os homes da Prehistora, grazas a unhas das recreacións feitas dun poboado prehistórico da Idade de Bronce.

Nas aulas-taller fixeron os máis maiores, cerámica con barro, e os máis pequenos pintaron (e se pintaron) coas mans usando temperas e algúns pigmentos naturais.

Foi un día estupendo para tod@s!!

Saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930