Un paraíso natural: Illas Cíes

 PINCHA NA IMAXE

A rapazada de Laboratorio 34 e 56 viviron onte un día inesquecible, coñecendo uns dos maiores tesouros que contén a ría de Vigo, o Parque Nacional das Illas Cíes, tamén bautizada polos romanos co nome das “Illas dos Deuses”. Debido ao microclima das illas, o tempo deunos unha tregua e permitiunos facer a Ruta do Faro e pegarnos un baño rápido nunha das mellores praias do mundo. Desfrutamos a tope das marabillas naturais que ofrece a illa, pero tamén houbo que superar algunha que outra dificultade a través do esforzo e a superación. Darlle novamente as grazas ao compañeiro por gañar o concurso de postais de Nadal e permitirnos facer realidade esta experiencia!

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031