Castañas, castañas....no cole de Ardàn.
Hoxe celebramos o Magosto no colexio. Os rapaces tiñan moita ilusiòn de festexar este dìa e ao final o tempo nos acompañou. Que boa merenda nun dìa frìo : castañas asadas quentiñas nun gran cucurucho!!!
Ademais tiveron xogos como a corda, os zancos,a pelota... e como non, a mùsica da nosa terra, que aìnda que non foi en directo, sempre està presente nestas festas.
Grazas a tod@s por facer deste dìa, un dìa especial para @s nos@s nen@s.