DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PINCHA NA IMAXE

 

PINCHA NAS IMAXE PARA VER OS VÍDEOS

 

 

O CEIP de Ardán  nos sumamos ao 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero co lema  "FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA. SEN NINGÚN XÉNERO DE DÚBIDA"

Cada día esforzámonos no colexio por coeducar ao noso alumnado  na IGUALDADE E NO RESPECTO para  conciencialos da importancia  de rexeitar calquera acto violento.

Ao longo desta semana fixemos diversas  actividades e propostas  especialmente sobre a igualdade de xénero.

Entre elas:

-A gravación do vídeo "Que non mo neguen" das Tanxugueiras , do cal participou  todo o colexio  e preparouse para visualizalo o 25 N no colexio. 

-Compartimos co noso alumnado o saúdo das Tanxugueiras ao noso colexio.

-A mascota Borli, avisou as nosas nenas e nenos da colocación na entrada do colexio do " Expositor  25N"  no que se seleccionaron  contos  que tratan fundamentalmente o  tema da igualdade e da ruptura de esteriotipos.

-Tamén realizouse un mural na entrada coa frase 25N, ao que se lle  engadiu os cabaliños do demo de cor violeta, que realizaron @s nen@s grazas a mensaxe que lles enviou Borli con motivo do 25N.

-Fixeron a exposición  sobre científicas da nosa historia e varios experimentos inspirados nas súas investigacións  e vida.

-Desde o CIM de Marín fixo entrega dunha libreta sobre a NON VIOLENCIA DE XÉNERO para todo o alumnado.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031