NOVEMBRO, MES DA CIENCIA....E EN GALEGO!!

 

PINCHA NA IMAXE

 Con motivo do mes da ciencia estamos argallando nas distintas clases propostas e experimentos relacionadas con mulleres científicas ao longo da historia. Comezamos cos de Infantil que seleccionaron a Mary Anning e imitaron a paleontóga e recolledora de fósiles inglesa do século XIX no areeiro do colexio.

O grupo de 5° e 6° EP mergullámonos coa científica galega Ángeles Alvariño, que foi zoóloga,oceonógrafa e mestra. Liderando o comezo da investigación oceanográfica global. Os experimentos que realizamos baséanse na contaminación dos océanos, a erupción dun volcán submariño e a recreación de algas mariñas.

VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE A BIBLIOGRAFÍA DE ÁNGELES ALVARIÑO

https://drive.google.com/file/d/1I5HMPlyVhnaE50qvf_sEnT081gbNTjM1/view?usp=sharing

O grupo de 1° e 2° de EP procuraron información coa farmaceútica Manuela Barreiro, que foi a primeira muller licenciada en farmacia de Galicia, pola facultade de Santiago no S. XIX. Porén @s nen@s, elaboraron xabón coa axuda da súa mestra, e despois de ter que atopar os materiais para a súa elaboración a través dun "scape room". Foi todo un descubrimiento!!!

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930