Visita á Illa do Santo

 

PINCHA NA IMAXE

Hoxe foi un día moi especial para @s nos@s nen@s e tamén para os profesores que estivemos alí, xa que puidemos ir camiñando a illa do Santo ou de San Clemente. Despois de estar investigando, traballando e elaborando preguntas sobre a illa chegou o día e a sorte de poder ter como guía a Manolo ( un dos donos da illa) que de forma totalmente altruísta explicounos un pouco sobre a súa historia. Transmitiunos o seu agarimo ao patrimonio que temos aquí en Ardán e como o coida colocando pequenas pedras no muro, para que non se siga erosionando ou quitando o toxo para que tod@s poidamos desfrutala. A través da súa palabra e mirada tranquilas axudounos a ver as pedras da illa doutra forma cunha mirada creativa “ si te fixas nelas podes ver formas moi diversas”.
Escoitar a xente que ama e loita polo que constrúe e cre é todo un privilexio!

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30