Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor - 2021

PINCHA NA IMAXE

Animarvos a  toda a Comunidade Educativa a participar das actividades deseñadas para conmemorar un día tan importante para o noso colexio e a biblioteca Illa de Borli.

PINCHA NA IMAXE
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.
 
 
 
 
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
 
 
 
"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."
 
 
 
 
Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas.
 
 
 
As imaxes son unha colaboración da nosa compañeira Cristina Novoa, a quen agradecemos as fotografías tomadas en Malta e na Ría de Aldán.
 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031