BOTA REDES NO ENTROIDO DE ARDÁN
PINCHA NA IMAXE PARA VER VÍDEO
O colexio de Ardán, leva toda esta semana sumerxido na festividade do Entroido. Coa chegada do Entroidiño ( este ano a Xardaniña) que nos avisa e invita a comezar a alegría e diversión do Entroido coas súas ordes.
O día 12 de febreiro foi o día grande en Ardán, e tod@s foron disfrazad@s dalgún animal mariño. Físoxe un desfile por todo o cole onde non faltou a gaita e tod@s tocaron algún instrumento de percusión.
Tamén cada curso preparou unha coreografía ( relacionada coa disfrace que levan) para representar ao resto dos compañeir@s.
Ademais, cada nen@ levou unha merenda individual de Entroido con filloas, orellas,...
Este curso ten moito de diferente, pero non perdimos en ningún momento a emoción e o entusiasmo.
PINCHA NA IMAXE PARA VER VÍDEO
E FIXEMOS O XUÍZO A NOSA ENTROIDIÑA ........ “XARDANIÑA”
PINCHA NA IMAXE