DÍA DA RADIO
Proclamado en 2011 polos Estados Membros da UNESCO e adoptado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional, o 13 de febreiro convirtiuse no Día Mundial da Radio (DMR).
A radio é un medio poderoso para celebrar a humanidade en toda a súa diversidade e constitúe unha plataforma para o discurso democrático.
No colexio de Ardán fixemos as nosas primeiras probas, o día 18 de febreiro poderedes escoitar ao alumnado de 5º e 6º de EP falando da horta do colexio ás 12:45 aproximadamente no 103.6 da FM ou na web www.ondacero.es e selecciónase escoitar a radio en directo na cidade de Pontevedra.
Enlace do podcast:
Dúas zonas verdes con plantación propia no CEIP Ardán de Marín | Onda Cero Radio