PROXECTO ARTELLANDO COA PINTURA

No cole de Ardán realizamos cada curso un proxecto para todas as etapas educativas. "ARTELLANDO COA PINTURA" é a proposta que se fixo dende a "Biblioteca Illa de Borli" no que investigamos e mergullamos sobre a vida e obra de distintas pintoras e pintores da nosa historia. Comezamos no mes de febreiro con Leonardo da Vinci, pintor florentino do Renacemento italiano. Como bo humanista, foi tamén anatomista, arquitecto, paleontólogo, artista, botánico, científico, escritor, escultor, inxeneiro, inventor, músico, poeta e urbanista.
Algunha das súas obras máis coñecidas son: "A Gioconda", " O home de Vitruvio", "A última cea",...

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930