Enlace Apego

 Desde a  Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística  desenvólvese o "Programa Apego" , de xeito cooperativo, entre os servizos de normalización dos concellos adheridos. É un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.   

Diríxese ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6) para achegarlle argumentos e facilitarlle ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego.

Os facilitamos o enlace á páxina web, para que poidades consultar as distintas actividades e recursos que ofrecen.

 

 

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930