Skip to Content

Celebracións

Halloween no Antonio Palacios

A pasada semana, aproveitando que nos países anglosaxóns se festexaba o día de Halloween e que en Galicia contamos co Samaín, o equipo de plurilingüismo do centro preparou unha serie de actividades especiais para o noso alumnado. A finalidade destas actividades é que os nosos alumnos e alumnas practiquen o seu inglés e ao mesmo tempo pasen un bo rato. 

As mestras de inglés en infantil traballaron durante as súas clases o divertido libro What's in the witch's kitchen, e o día 30 todo o alumnado de infantil desfrutou dun divertido obradoiro de galletas de Halloween.

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º tiveron unha sesión de contacontos en inglés onde escoitaron a historia de Meg and Mog, e ademáis desfrutaron de outras actividades como cancións e xogos en inglés.

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º leron o libro Room on the Broom de Julia Donaldson durante as clases de inglés, e o día 30 viron a película baseada nesta fermosa historia.

Finalmente, os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron nunha búsqueda do tesouro con pistas en inglés, onde tiñan que traballar en equipo para descifrar todas as pistas e conseguir un tesouro de Halloween.

 

Aquí tedes algunhas imaxes sobre as actividades deste día:

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

 

 

Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio.

      A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra.

Antonio Fraguas

   Antonio Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) é o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.

 

    A continuación amosámosvos os traballos que fixemos no colexio para celebrar este día, agardamos sexan do voso agrado! Se quedades con ganas de coñecer máis sobre este autor, visistade o blog de Cooltureco!

 

COPLA "A VACA"

 

 

MURAIS CON COPLAS

 

 

 

 CÓMICS: a pegada de Castelao.

A PEGADA DE CASTELAO EN ANTONIO FRAGUAS

 

PROGRAMA DE RADIO: VIDA E OBRA DO AUTOR

 

Listen to "ANTONIO FRAGUAS: VIDA E OBRA" on Spreaker.

Día das Artes Galegas 2019 - Galician Arts Day 2019

O pasado luns 1 de abril conmemorouse o Día das Artes Galegas, que este ano estivo dedicado ao artista e escritor Luís Seoane. Aquí tedes algunhas imaxes dos traballos que fixeron os nosos alumnos e alumnas nas clases de Arts and Crafts inspirándose na obra do artista homenaxeado.

 

ENTROIDO NO PALACIOS

Este ano no PALACIOS convertémonos en ARTISTAS E AS SÚAS OBRAS FAMOSAS, festexamos UN PERCORRIDO POLO ARTE PARA NAMORARTE.

 

Durante a semana seguimos as ordes do Meco!!!

O xoves pasámolo en grande co xogo dos COMADRES e os COMPADRES. Aquí deixámosvos o vídeo para que o vexades vós directamente!

 

 

 

E o venres desfile polo barrio cos centros veciños: rematamos merendando coas familiaas, ricos postres de entroido que sempre nos traen. Moitas grazas.

 

Gozade do ENTROIDO!

25N: DÍA DA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Este ano o alumnado de 6º (OS COOLTURECO) volve realizar un vídeo para reivindicar a desaparición deste día, loitemos contra a violencia machista!

 

Para isto, nun primeiro momento, realizan un estudo sobre o número de mulleres asasinadas por comunidade autónoma e por mes no noso país no que levamos de 2018.

 

Máis tarde elaboraron unhas presentacións de diapositivas para mostrar esta información ao resto de compañeiros e compañeiras, así como un MAPA MURAL no que se recollen tamén estes datos e que amosan na entrada do noso centro. Para finalizar esta tarefa, pensaron e redactaron unhas frases que reflicten as súas ideas e conclusións ao respecto.

 

 

Aquí vos deixamos a súa achega en forma de vídeo.

 Para culminar este día o alumnado do noso cole reunírase para cantar  a canción "A voz das amigas " de Leilía, como farán o resto de centros educativos de Torneiros.

O obxectivo que perseguimos é que ESTE DÍA DESAPAREZA DO CALENDARIO.



 

Magosto 2018

Chourizos, castañas asadas, xogos, risas e como non, carbón para maquillarse.

O SAMAÍN 2018

Outro ano máis o centro vístese de TERROR, e por suposto, os protagonistas nunca fallan. Adentrámonos no TÚNEL DE MEDO... Velaí a proba...

 

 

 

Nenos do noso centro viviron unha experiencia terrorífica, xa que no centro de Educación Especial Aceesca construiron un túnel do terror ao que nos invitaron a visitar. A verdade é que non falta ninguén nesta galería terrorífica e ademáis quedou reflexado no telexornal

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas homenaxea a grandísima e ata agora pouco recoñecida escritora María VictoriAMOReno Márquez, que tanto amou e loitou polo noso idioma e cultura.

Cacereña de nacemento pero galega de adopción, esta muller que viviu en diferentes cidades españolas era políglota, sabía falar castelán, catalán, galego, francés..., pero elexiu O GALEGO e fixo do noso idioma o seu.

Según Fina Casalderrey, que foi alumna súa en Pontevedra, aínda que Mª Victoria era profesora de secundaria, a ela gustáballe que lle chamaran MESTRA, era a súa vocación. Ao chegar a Galicia atopouse cunha realidade preocupante; o alumnado do seu instituto non aprobaba os exames que se facían en castelán, xa que a súa lingua materna, é dicir, a que dominaban era o galego. Foi por iso polo que decidiu comezar a dar as súas clase en lingua galega e facer deste o seu idioma. Nas súas propias palabras: “A miña relación co galego é unha historia de amor”.

No colexio, desde Infantil a Primaria, levamos a cabo diferentes proxectos para coñecer a súa vida e poñer en valor a súa obra.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra, esperamos que vos guste e que vos anime tamén, como familias, a participar connosco lendo algunha das súas novelas, veredes que vos acontece coma nós, que canto máis a coñecemos máis nos gusta.

 

3 ANOS

As mestras relataron o conto "A festa no Faiado", acompañando a narración con fotografías relacionadas coa historia.

 

        

 

 

4 ANOS

O alumnado elaborou coa axuda das mestras un QUEBRACABEZAS sobre as personaxes deste conto.

 

 

 

 

5 ANOS

Os nenos e nenas realizaron unha presentación oral da BIOGRAFÍA EN PICTOGRAMAS sobre a autora elaborada polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda. A Coruña.

 

1º e 2º

Os alumnos realizaron en equipo MURAIS sobre a obra “Eu conto, ti cantas”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SOPITAS CON CANELA e A FESTA NO FAIADO

 

 

 

Gran traballo de expresión plástica sobre as catro mulleres homenaxeadas, contando con María Victoria Moreno, ata a o momento baixo o lema “Abride a fiestra un pouquiño máis”.

 

 

 

                       

 

O alumnado elaborou e presentou oralmente a BIOGRAFÍA da autora.

 

                 

 

Os Cooltureco realizaron un programa audiovisual chamado “Unha historia de amor co galego”, no que fan unha obra de microteatro ubicada no Rexurdimento para dar paso ao momento actual no que uns nenos que xogan no patio do seu colexio conversan sobre a orixe do 17 de Maio, para finalizar coa exposición da biografía desta escritora.

 

                 

 

Ademais gravaron unha versión do HIMNO GALEGO do grupo “Os da Ría” e elaboraron un ALFABETO GALEGO para os peques da nosa escola.

 

                

 

Traballo plástico sobre a autora homenaxeada coa técnica de estarcido e lectura dos relatos premiados no Certame de relato curto deste ano.

                                         

                                            

 EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

 

 

DIA DO LIBRO 2018

El día 23 de abril recordamos el Día Internacional del libro, una conmemoración celebrada a nivel mundial con el objetivo de fomentar la lectura.

 Como no podía ser de otra forma en el cole nos pusimos manos a la obra y no veais la que organizamos.

 Los alumnos de educación infantil volaron hasta los escenarios de “Paco Pasmón”, “El monstruo de colores” y “Las habichuelas mágicas” y con la ayuda de las familias elaboraron un tendal de cuentos con las narraciones favoritas de los peques de la casa.

 Los alumnos de 2º y 6º trabajaron de forma colaborativa en la elaboración de su propio cuento: introducción, nudo y desenlace. Cuando estuvo listo emplearon el keynote para darle forma, aplicando texto, ilustraciones y algún que otro efecto especial. ¡Ya estaba listo! Sólo faltaba hacer una presentación literaria, así que aprovechando el día del libro todos los compañeros pudieron disfrutar de las creaciones: “Desgracia en alta mar”, “La historia de mi vida”, “Una gran aventura”, “Larry el pirata”... y así hasta una veintena de historias.

 En las clases de inglés también se trabajó el día del libro a través de la obra de distintos autores y se adentraron el  mundo de Harry Potter, Gruffalo y How to catch a star. Además desde las clases de plástica elaboraron unos marcapáginas con palabras o frases en inglés con los que decoraron la entrada del cole.

 Cuentacuentos, apadrinamientos lectores y libros por todos los rincones del cole para recordarnos que la lectura abre puertas a universos maravillosos…

 Y como lo bonito es compartir, además de compartir lecturas, compartimos en la Feria del libro solidaria, donde cambiamos libro por litro de leche y todo lo recaudado se donó a Cáritas Torneiros.

 

 

 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida baixo o lema da proposta #AbrideAFiestra a desenvolver distintas actividades que permitan a cada alumna ou alumno facerse cómplice da Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o.

Hoxe no cole fixemos distintas actividades, adícamos o noso tempo de lectura a un recitado colectivo de poemas da nomeada autora, escoitamos Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle, fixemos actividades plásticas como postais e murais… En fin, aquí vos deixamos unha pequena mostra do día de hoxe!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut