Skip to Content

SOMOS UN CENTRO

 

 
     
     
     ;

 

  

 

Tfno: 886110441

E-mail: ceip.antonio.palacios@edu.xunta.es

A Relva 27, Torneiros ( O Porriño)

Comedor escolar 2018/19

Ata o día 3 de xullo permanece aberto o prazo para solicitar praza no comedor e solicitar as axudas pertinentes. Debe ser presentada a autodeclaración e/ou outra documentación que se crea pertinente.

Clica para acceder a calculadora, permite simular o cálculo do prezo do comedor en función da renda

 

 Os admitidos provisionais serán publicados o martes 10 de xullo

Semana da robótica

Dentro do proxecto da robótica no que estamos inmersos, estaba planificado levar a cabo unhas xornadas dedicadas ao mundo dos robots.
Dende o equipo TIC estivemos a planificar ditas xornadas e levaremos a cabo as seguintes actividades: 
  • Levar a cabo talleres para o uso dos robots ou relacionado coas novas tecnoloxías
  • Uso dos robots nas aulas co cal se fan apadriñamentos tal como aparece reflexado no arquivo adxunto
  • Exposición de robots feitos con material de refugallo
  • Mostra de experiencias ás familias

 

 

 

 Hoxe comenzamos a nosa semana da robótica. En primeiro lugar deciros que estades invitados a exposición de robots feitos con material de refugallo (horario: luns de 9 a 9:30 e de 13 s 13:45 horas). Merece a pena vela, xa que o inxenio das famlias é desbordante e ademáis podedes ver os proxectos que realizarón os nenos e nenas: realidade aumentada, bee bot, stop motion, cine na aula, robótica,..

Clicando nas seguinte imaxe podedes ver unha pequena mostra do que estamos a levar a cabo no centro

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola ONU para sensibilizar a poboación mundial en relación a temas ambientais.

Este ano Indía  é o país anfitrión e seu lema “Un planeta #SinContaminación por plásticos” e mediante diferentes propostas tentarán combatir a contaminación por plásticos dun so uso.

Os nenos e nenas de 1º e 2º non quixemos deixar de recordar esta data xa que levamos todo o curso traballando a educación ambiental.

A través de diferentes actividades aprendemos a reducir, reciclar e reutilizar o lixo ata converternos en auténticos Superheroes da Reciclaxe e coma merecido premio e aproveitando o Día Mundial do Medio Ambiente recibimos un diploma polo noso traballo.

 Se queredes ver un resumo das diferentes actividades que fixemos ao longo do curso clicade na imaxe.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas homenaxea a grandísima e ata agora pouco recoñecida escritora María VictoriAMOReno Márquez, que tanto amou e loitou polo noso idioma e cultura.

Cacereña de nacemento pero galega de adopción, esta muller que viviu en diferentes cidades españolas era políglota, sabía falar castelán, catalán, galego, francés..., pero elexiu O GALEGO e fixo do noso idioma o seu.

Según Fina Casalderrey, que foi alumna súa en Pontevedra, aínda que Mª Victoria era profesora de secundaria, a ela gustáballe que lle chamaran MESTRA, era a súa vocación. Ao chegar a Galicia atopouse cunha realidade preocupante; o alumnado do seu instituto non aprobaba os exames que se facían en castelán, xa que a súa lingua materna, é dicir, a que dominaban era o galego. Foi por iso polo que decidiu comezar a dar as súas clase en lingua galega e facer deste o seu idioma. Nas súas propias palabras: “A miña relación co galego é unha historia de amor”.

No colexio, desde Infantil a Primaria, levamos a cabo diferentes proxectos para coñecer a súa vida e poñer en valor a súa obra.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra, esperamos que vos guste e que vos anime tamén, como familias, a participar connosco lendo algunha das súas novelas, veredes que vos acontece coma nós, que canto máis a coñecemos máis nos gusta.

 

3 ANOS

As mestras relataron o conto "A festa no Faiado", acompañando a narración con fotografías relacionadas coa historia.

 

        

 

 

4 ANOS

O alumnado elaborou coa axuda das mestras un QUEBRACABEZAS sobre as personaxes deste conto.

 

 

 

 

5 ANOS

Os nenos e nenas realizaron unha presentación oral da BIOGRAFÍA EN PICTOGRAMAS sobre a autora elaborada polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda. A Coruña.

 

1º e 2º

Os alumnos realizaron en equipo MURAIS sobre a obra “Eu conto, ti cantas”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SOPITAS CON CANELA e A FESTA NO FAIADO

 

 

 

Gran traballo de expresión plástica sobre as catro mulleres homenaxeadas, contando con María Victoria Moreno, ata a o momento baixo o lema “Abride a fiestra un pouquiño máis”.

 

 

 

                       

 

O alumnado elaborou e presentou oralmente a BIOGRAFÍA da autora.

 

                 

 

Os Cooltureco realizaron un programa audiovisual chamado “Unha historia de amor co galego”, no que fan unha obra de microteatro ubicada no Rexurdimento para dar paso ao momento actual no que uns nenos que xogan no patio do seu colexio conversan sobre a orixe do 17 de Maio, para finalizar coa exposición da biografía desta escritora.

 

                 

 

Ademais gravaron unha versión do HIMNO GALEGO do grupo “Os da Ría” e elaboraron un ALFABETO GALEGO para os peques da nosa escola.

 

                

 

Traballo plástico sobre a autora homenaxeada coa técnica de estarcido e lectura dos relatos premiados no Certame de relato curto deste ano.

                                         

                                            

 EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

 

 

REUNIÓN DE PAIS DOS NENOS QUE EMPEZAN O VINDEIRO CURSO EN 3 ANOS

O día 26 de xuño ás 11:00 horas da mañá covócase unha reunión informativa para os pais dos nenos que empezan o vindeiro curso en 3 anos.

Na medida das vosas posibilidades non veñades cos nenos.

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018/19

BENEFICIARIOS:

1. Fondo solidario

   -Renta per cápita ata 9000 euros

   -Cursos 3º e 4º E.P.

2. Axudas libros de texto

   - Renta per cápita ata 9000 euros

   - Cursos 1º e 2º E.P.

3. Axudas material escolar

   - Renta per cápita ata 5400 euros

   -Cursos 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º E.P.

 Mais información nos libros

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2018/2019

Todos os nenos que solicitaron praza para 4º de Educación Infantil (3 anos), están admitidos. Lembramos que deberán formalizar a matrícula entre os días 20 e 30 do mes de xuño.

Pódense consultar as listas no taboleiro de anuncios do centro.

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida baixo o lema da proposta #AbrideAFiestra a desenvolver distintas actividades que permitan a cada alumna ou alumno facerse cómplice da Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o.

Hoxe no cole fixemos distintas actividades, adícamos o noso tempo de lectura a un recitado colectivo de poemas da nomeada autora, escoitamos Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle, fixemos actividades plásticas como postais e murais… En fin, aquí vos deixamos unha pequena mostra do día de hoxe!!!

APRENDEMOS XUNTOS

Para avanzar na súa viaxe de investigación ao espazo os nenos e nenas de 2º B pedíronlle axuda aos seus padriños de 6º B. Eles, sempre dispostos, explicáronlles o emprego de diferentes aplicacións de astronomía ao tempo que lles axudaban a entender a información máis complexa: galaxias, satélites, constelacións,... non nos quedou un recuncho por explorar, ata conectamos en vivo co Falcon Heavy para comprobar como ía a súa misión de transportar un coche ao espazo grazas a aportación dun dos alumnos de 6º

 

Pero o que queremos destacar desta actividade non son os coñecementos adquiridos, que tamén, senón o proceso de aprendizaxe que levaron a cabo, nenos ensinando a nenos, e nenos aprendendo de nenos, experiencias que de seguro serán as que lles permitirán progresar na vida e... chegar ata ao infinito e máis ala!

 

Grazas rapaces por unha clase tan estupenda na que os que máis aprendemos fomos os profes e disfrutade da vosa experiencia clicando na seguinte imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut