ZONA INFLUENCIA DO CENTRO
- Parroquia de San Salvador de Torneiros (barrios de Casal de Vello, O Contrasto, A Florida, A Gándara, A Mota, O Noval, A Pereira, A Relva, A Ribeira e O Seixo).
- Polígonos I, II e V da parroquia de San Rosendo de Torneiros.
- A parroquia de O Porriño dende a vía do tren cara Torneiros.
PRAZOS
- 1 ao 20 de marzo. Presentación da solicitude de admisión
- 25 de abril. Publicación das listaxes provisionais. Reclamacións 5 días hábiles a partir da publicación.
- 15 de maio. Publicación das listaxes definitivas.
- 20 ao 30 de xuño. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria. Impreso
PRESENTACIÓN
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Anexo III (extraordinario) - castelán
Anexo III (extraordinario) - galego
- Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
Instrución detalladas de como facelo
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA
- Impresos ( ANEXO II, ANEXO A).
- Fotocopia das follas do libro de familia onde figura o alumno e os pais.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores.
- Certificado de matrícula que poña o nivel estudiado no curso académico 2022/2023, agás os nenos de 3 anos.
- No caso de separación/divorcio, fotocopia da sentenza que adxudica a tutela.
- 2 fotos tamaño carné (só EI).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
- Fotocopia da cartilla de vacinación (3 anos).
- Informe de empadronamento da unidade familiar.
LEXISLACIÓN
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).