Excursións

EXCURSIÓN A TUI DE 1º e 2º DE PRIMARIA (Fixemos unha ruta de sendeirismo e aprendemos a remar nas piragüas polo Miño)

Deixámolas mochilas na furgo para camiñar máis cómodos

Atopamos algunhas atraccións polo camiño

Estivemos moi atentos aos consellos dos monitores para evitar as ortigas e recoller menta para os posibles incidentes

Paramos a repoñer forzas

Continuamos a ruta ata chegar ao río

Aproveitamos para xantar antes de emprender a nosa aventura

Por fin chegou o ansiado momento de equiparnos e atender as últimas explicacións

EXCURSIÓN A TUI DE 1º e 2º DE PRIMARIA (Fixemos unha ruta de sendeirismo e aprendemos a remar nas piragüas polo Miño)

Deixamolas mochilas na furgo para camiñar máis cómodos

Atopamos algunhas atraccións polo camiño

Estivemos moi atentos aos dos monitores para evitar as ortigas e recoller menta para os posibles incidentes

Paramos para repoñer forzas

Continuamos a ruta para chegar ao río

Aproveitamos para xantar antes de emprender a nosa aventura

Por fin chegou o ansiado momento de equiparnos e atender as últimas explicacións

Excursión a Coruña

Os alumnos de sexto fixeron unha visita moi cultural e entretida á cidade da Coruña. Alí visitaron a Casa das Ciencias, o Domus e o acuario. Deixámosvos unha mostra da excursión.

Excursión Fin de curso 2013

En vista do éxito do ano pasado, este ano repetimos o formato da excursión cos alumnos de sexto, cruceiro polo Mediterráneo. Impresionante viaxe que seguro que non olvidaredes nunca, chea de emoción e diversión misturada con visitas culturais a algunhas das cidades máis fermosas do mundo. Moitas grazas aos pais e profesores por facer posible esta viaxe, e aos alumnos polo duro traballo de todo o ano que finalmente tivo a súa recompensa!

Excursión: A Coruña

 

Os alumnos do 3º ciclo visitaron o pasado día 31 de xaneiro a cidade de A Coruña para ver o Acuario, a Domus e a Casa das Ciencias.

Na primeira parada, o Acuario, asistimos a un taller sobre os océanos onde nos explicaron a importancia da auga no noso planeta, de ahí corrimos a ver o Nautillus onde puidemos experimentar o que se sente cando estás baixo a auga e convives de preto cunha quenlla.

Saímos e fomos ao Domus, alí asistimos a unha proxección dun documental en 3D, sobre os 5 grandes animais de África: o rinoceronte, o búfalo, o leopardo, o elefante e máis o león.

Logo experimentamos coas diferentes actividades que propón a Domus. Gustounos especialmente a que mide a velocidade de golpeo do balón. Comimos alí e de seguido fomos á Casa das Ciencias onde gozamos da visión do cosmos que nos ofreceu o Planetario.

Xa de camiño a casa falabamos de cando sería a próxima saída.

Distribuir contido