Skip to Content

Celebracións

Entroido 2013

Este entroido quixemos rendirlle homenaxe a auga, así disfrazámonos de mar, de arco da vella, de xeo, de gotas de auga, etc. Esperamos que vos gustase e agradecemos moito a colaboración de todos os pais e nais.

Día da Paz 2013

Os rapaces e mestres do noso colexio fixemos unha pausa no noso traballo diario para conmemorar o día da paz, lemos os desexos dos alumnos e cantamos unha fermosa canción. Deixámosvos unha pequena mostra.

Festival Nadal 2012

Un ano máis chegaron os reis magos ao noso cole, os máis pequenos agasalláronos con caras de sorpresa, ledicia e algún que outro temor, mentres as súas maxestades deixaban os caramelos de oriente e preguntaban polas cartas dos rapaces. Despois todos disfrutamos coas actuacións nun festival que, como sempre, non defraudou nin a pais nin a mestres.

Magosto 2012

O xoves celebramos o magosto, coma sempre xogamos a algúns xogos tradicionais e despois disfrutamos todos xuntos dunha sabrosa castañada, aquí tedes unha mostra desa entretida mañá.

Samaín 2012

Este mércores, 31 de outubro, celebramos no colexio o "Samaín". Esta era unha celebración na que os nosos antergos rememoraban aos seus familiares xa finados. O mundo anglosaxón adoitou esta tradición con nome de Halloween.

Esta semana no colexio organizouse o "IV Concurso de Cabazas" todas elas decoradas e con premios para as mellores. Concedeuse un premio por ciclo, tamén ao máis orixinal e á máis sofisticada. Outra actividade que se levou a cabo foi a recollida e posterior lectura dos "Medos en verso": metéronse dentro dun buzón e todos os ciclos recitaron os seleccionados por eles mesmos. Ademais rematamos a festa cantando unha canción en inglés que todos coñecían: "The skeleton dance". A continuación deixámosvos unha mostra gráfica desta vibrante celebración:


E aquí tedes as cabazas que finalmente resultaron gañadoras:


Samaín/Halloween 2012

 

                                               samain

                                                                  emptyno

                                emptypalacios

 

 

RAPACES, RAPAZAS, FAMILIAS,...

PREPARÁDEVOS PARA DISFRUTAR

DO SAMAÍN

 

Teremos unha morea de cousas para que pasedes moito  MEDO.

A continuación tendes unha escolma de actividades para traballar e coñecer esta tradición elexidas polo Equipo de Normalización e o Equipo TIC:

  Casa de tol@s: fai o teu escenario terrorífico:  

Pinta unha cabaza arrepiante: 

Cabazas para imprimir

Adiviñas do Samín

Decora a túa cabaza

XOGOS VARIADOS:

 

ACTIVIDADES LIM:

O samaín - O outono
Corre , corre, cabaciña
O Samaín
Chegou o Samaín
Samaín
Actividades sobre contos de bruxas
Un Samaín de conxuros
Marcelina e a noite do Samaín

Historía do Samaín

PARA COLOREAR:

- Colorea cabazas

- Láminas para colorear:

- Moitos debuxos

- MANDALAS

cathycreatif 

picasa

Xogo para facer a túa propia caveira de cabaza

 CATRO IDEAS para o SAMAÍN/ HALLOWEEN (E. Artística, manualidades)

VIDEOS:

Skleton Frolics
Danse Macabre 2010-Saint-Saëns
Happy halloween funny Animation

Skeleton dance

Disney
Halloween Cartoon
Oingo Boingo - It's a Dead Man's Party

 

Distribuir contido


by Dr. Radut