Skip to Content

25N: DÍA DA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Este ano o alumnado de 6º (OS COOLTURECO) volve realizar un vídeo para reivindicar a desaparición deste día, loitemos contra a violencia machista!

 

Para isto, nun primeiro momento, realizan un estudo sobre o número de mulleres asasinadas por comunidade autónoma e por mes no noso país no que levamos de 2018.

 

Máis tarde elaboraron unhas presentacións de diapositivas para mostrar esta información ao resto de compañeiros e compañeiras, así como un MAPA MURAL no que se recollen tamén estes datos e que amosan na entrada do noso centro. Para finalizar esta tarefa, pensaron e redactaron unhas frases que reflicten as súas ideas e conclusións ao respecto.

 

 

Aquí vos deixamos a súa achega en forma de vídeo.

 Para culminar este día o alumnado do noso cole reunírase para cantar  a canción "A voz das amigas " de Leilía, como farán o resto de centros educativos de Torneiros.

O obxectivo que perseguimos é que ESTE DÍA DESAPAREZA DO CALENDARIO.



 



page | by Dr. Radut