Skip to Content

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida baixo o lema da proposta #AbrideAFiestra a desenvolver distintas actividades que permitan a cada alumna ou alumno facerse cómplice da Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o.

Hoxe no cole fixemos distintas actividades, adícamos o noso tempo de lectura a un recitado colectivo de poemas da nomeada autora, escoitamos Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle, fixemos actividades plásticas como postais e murais… En fin, aquí vos deixamos unha pequena mostra do día de hoxe!!!



page | by Dr. Radut