COMISIÓN ACTIVIDADES

A ANPA do Insua Bermúdez traballando na creación dun HORTO ESCOLAR.

A ANPA agradece a colaboración de tódalas persoas participantes neste obradoiro e emplaza a colaborar en nova data o 

LUNS 6, ás 16:30 h .

No Insua Bermúdez sumámonos á iniciativa pedagóxica de traballar un HORTO ESCOLAR.

No trimestre pasado unha mamá Bióloga, especializada en Plantas,  fixo uns Obradoiros sobre a Compostaxe e as Lombrices dirixidas a toda a comunidade escolar.

Neste Trimestre a ANPA, e as familias coordináronse para buscar material e man de obra para comezar a crear ese HORTO ESCOLAR.

Deixámosvos unha escolma de imaxes desta tarde onde mamás, papás e alumnado compartiron o nacemento do NOSO HORTO.

 

RECREOS ACTIVOS: Incrementando o noso tempo de Actividade Física Diaria ata conseguir UNHA HORA DIARIA.

Diversos Organismos Internacionais, expertos en Actividade Física e Deportiva, recomendan unha hora diaria de Actividade Física. As Administracións e tódalas institucións involucradas coa infancia,  coa sanidade e coa educación deberían loitar por potenciar unha Vida con máis Actividade e Deporte. 

Pola nosa banda, desde a nosa posición tentamos mellorar a situación provocada pola aplicación de protocolos COVID-19 `ptenciando a Actividade fñisica nos recreos, primeiro recibindo formación no curso pasado e creando un grupo de traballo con mestres, anpa e alumnado, despois na práctica cos nosos recreos activos. Espazos e burbullas co diferentes materiais e diferentes xogos adaptados ás súas suxerencias, posibilidades desarrollo... Caixóns de materiais e xogos que rotan por semanas, caixóns de xogos por aulas, materiais cedidos pola ANPA, Materiais cedidos pola Área de EF. Mestres que xogan, ensinan e aprenden xogos...

RECREOS +ACTIVOS INSUA BERMUDEZ PVAD PROXECTA 21-22

Logo de facer balance comprobamos que nos manifestan o seu agradecemento, a súa ledicia. Colaboran para instalar e recoller os xogos, comparten cando algún grupo carece de algo. Suxiren actividades, pídennos que xoguemos, xestionan as regras resolvendo pequenos conflitos, diminuiron os incidentes, catartizan tensións, suman 30 minutos de actividade ao día. Vémoslle moitas vantaxes e melloraremos ainda máis.    

 Galería de Imaxes do Recreos Activos

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO XOGADE PISTA BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL. Domingo 29 maio 2022

 Provincial Atletismo XOGADE Insua Bermudez Vilalba PVAD PROXECTA 22

Accede á Galería de imaxes do Campionato Provincial Atletismo XOGADE domingo 29 maio de 2022 nas Pistas do Estadio Gregorio Pérez Ribera de Lugo 

 LISTADO EXCELL DE PERSOAS CLASIFICADAS PARA  O PROVINCIAL ATLETISMO XOGADE BENXAMÍN-ALEVÍN E INFANTIL 29 maio 2022

Comprobade se existe algún erro cos listados de abaixo que foron actualizados o venres pasado.

 CATEGORÍA  SEXO    CURSO     
BENXAMÍN FEMININO 2º-3º
BENXAMIN MASCULINO 2º-3º
ALEVÍN  FEMININO 4º-5º
ALEVÍN  MASCULINO 4º-5º
INFANTIL  FEMININO 6º-1º ESO
INFANTIL  MASCULINO 6º - 1º ESO

 Un atleta considérase clasificado para o Provincial cando apareza neste ranking nalgunha proa entre os 16 primeiras marcas, incluída.

Deberase confirmar a non asistencia áo Campionato que se celebrará o DOMINGO 29 de MAIO de 2022.

Parabéns a tódolos participantes neste curso académico.

 

2ª clasificatoria XOGADE DUATLÓN Sábado 7 maio 22 E 2ª Clasificatoria Atletismo XOGADE Infantil domingo 8 maio 22

 CartazAtletismo_XOGADE_2ªClasificatoria_Infantil_Insua_Bermúdez     Cartaz_Duatlón_XOgade_Insua Bermudez_ 2ª_Clasificatoria_Viveiro_2022  

II CLASIFICATORIA ATLETISMO XOGADE INFANTIL e CADETE 8 maio 2022 (Lugo)

Atletismo XOGADE 2ª Clasificatoria Infantil  domingo 8 maio 22 Lugo

Clica para ir á Galería de imaxes da 2ª Proba Clasificatoria Atletismo 8 maio 2022

LUGAR DA PROBA: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, xunto ao Pavillón Novo do Breogán, na zona Universitaria de Lugo. Enlace de Google Maps na web do Insua.

HORARIO: Debemos estar 20 minutos antes de cada proba, vide con tempo para coller dorsal e estar na cámara de chamadas para cada proba. Controlade as vosas probas, marcádeas no horario e contade cos 20 min antes da cámara de chamadas.

XORNADAS COMPETICIÓN

  • 8 de maio 2022 – 2ª Proba Clasificatoria Infantil e Cadete.
  • 29 de maio 2022 – Campionato Provincial e Combinadas Benxamín e Alevín(mañá) Infantil (Tarde).

EQUIPACIÓN DO INSUA: levade a equipación do Insua se a tedes. Camiseta do Insua e lembrade devolvela ao final dos campionatos de atletismo.

COMPORTAMENTO: Os papás e atletas non deben estar nas gradas ou detrás dos valados brancos, non poden andar pola pista libremente, corremos o risco de ser sancionados. Pregamos que respectedes esta norma.  

 

INSCRICIÓN E PROBAS: Inscricións ata o LUNS anterior á proba. WhasttApp 616501003.Normas Protocolo Covid igual que o derradeiro día.

 Atletismo Insua Bermudez 22 pavd xogade dafis vilalba

 2º CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR VIVEIRO

SÁBADO TARDE 7 MAIO 2022 CAMPO FÚTBOL CANTARRANA. (Ata o luns 2 MAIO para comunicar inscrición)

 

DUATLON XOGADE VIVEIRO SAN RAMON  INSUA BERMUDEZ VILALBA PROXECTA

Clica para Acceder á Galería de Imaxes do Evento Clasificatorio de Duatlón en Viveiro

Saída do BUS: Haberá transporte gratuíto. Campo da Feiora de Vilalba ás 13: 45´. Chegade 10 minutos antes.

Lugar da competición: en Viveiro , inmediacións do campo de fútbol de Cantarrana e o local da Cruz Vermella..

Inscriciónsata o luns 2 de maio a través do profe Suso, con tempo para pasalas ao clube de Tríatlon San Ramón. Os deportistas do clube falade con Javi. No cole despois do luns non se admiten inscricións. Precisamos Nome Apelidos, Data de Nacemento e DNI.

Recollida Dorsais: Polo delegado do clube a partires das 15:00h, desde 45 min antes da proba ata 20 min antes de cada carreira

Horarios da Carreira:

HORARIOS DUATLON VIVEIRO

 Procedemento Control de MaterialSerá obrigatorio identificarse cun documento oficial con foto na entrada do control Os/as deportistas presentaranse na entrada do control de material identificados, levando xa todos os dorsais colocados (corpo/bici/casco) e o casco posto e abrochado. 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis       ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto, que non se mova).No manillar miran que os extremos estean pechados. Recoméndase bicicleta de marchas.

Saída Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, os oficiais e persoal de organización indicarán cando deben pórse na liña de presaída .

Chegada a Meta Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de post-meta onde se lles entregará o avituallamento, continuarán o camiño para saír da zona de post-meta e irán recoller a bicicleta para abandonar a zona. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, evitando aglomeracións ou reunións grupais tanto antes como despois e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba. Premios Medallas aos/ás tres primeiros/as da clasificación individual en cada categoría e sexo.

Hora de remate das probas áo  rematar entrega trofeos aos 3 primeiros atletas de cada categoría.

Entrega de trofeos individuais: 19:00h. De conseguir trofeo, deberá quedarse á entrega baixo multa de 50 €

 

Material Necesario:IMPRESCINDIBLE BICI con marchas, se podedes conseguir unha de carreiras moito mellor, CASCO DNI e GANAS..

 Apuntarse é libre, voluntario e unha responsabilidade.  Aqueles que se inscriban e non acudan obrigan ao clube a pagar unha multa por non asistencia, igual que se non sube ao podium, multa de 25 a 50 euros, que se lle pasará ao que non asista.

 Sobra dicir que se esixe bo comportamento no transporte e durante a proba, reservamos o dereito de non inscribir ao que non garde as normas de conduta e respecto.

 Grazas e animádevos.

 nOTA de Atletismo 2ª Clasificatoria Infantil domingo 8 maio 22

 

 Nota da 2ª Clasificatoria XOGADE DUATLÓN de VIVEIRO sábado 7 maio 2022 

Regulamento da Proba FEGATRI

Atletismo XOGADE 1ª Xornada Atletismo XOGADE Infantil e Cadete no Estadio Gregorio Pérez Ribera de Lugo

 

HORARIO MODIFICADO (VER ABAIXO Á DEREITA DESTA ENTRADA EN ADXUNTOS E DESCARGAR NOTA MODIFICADA EN DOCX ou PDF)

Gif Animado CEIP Antonio Insua Bermudez atletismo XOGADE

LUGAR DA PROBA: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, xunto ao Pavillón Novo do Breogán, na zona Universitaria de Lugo. Clica neste enlace de Google Maps  na web do Insua.

HORARIO: Debemos estar 30 minutos antes de cada proba, vide con tempo para coller dorsal e estar na cámara de chamadas para cada proba. Controlade as vosas probas, marcádeas no horario e contade cos 20 min antes da cámara de chamadas.

 

XORNADAS COMPETICIÓN

  • 3 de abril 20228 de maio 2022 – Xornadas Clasificatoria. Categoría Infantil e Cadete.
  • 12 de xuño 2022 – Campionato Provincial e Combinadas Infantil

 

EQUIPACIÓN DO INSUA: levade a equipación do Insua se a tedes. Camiseta do Insua e lembrade devolvela ao final dos campionatos de atletismo. Os marchadores que lembren levar pantalóns curtos para competir.

 

COMPORTAMENTO: Agárdase un comportamento exquisito de tódalas persoas deportistas, representamos ao Insua Bermúdez e calquera acción que perxudique a imaxe do centro educativo, levará a non contar coa persona infractora en próximas ocasións. Ningún atleta fora de concurso pode estar nas pistas. Espectadores, atletas non participantes e papás sempre nas gradas ou fóra dos valados.

 

ANTICOVID: Salvo orde contraria pedían; Certificado Vacinación obrigatorio ou certificado test negativo antíxenos día anterior, para retirar o DORSAL na Secretaría. Mandádeo por correo a susoabuin@edu.xunta.gal e axilizase a retirada. Se non o facedes levade o certificado e retirade vós o dorsal EN SECRETARÍA, ide con tempo pola posible cola. CONTACTO: SUSO.

 

VISITA AO ROCÓDROMO DO ALUMNADO DE 5º Primaria DO INSUA BERMÚDEZ

PARTICIPAMOS NO PROXECTO PILABOT (RECOLLIDA DE DISPOSITIVOS DOMÉSTICOS DE ALMACENAMENTO DE ENERXÍA (PILAS))

PILABOT CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020 PILABOT CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA LUGO 2020

PROXECTO DE COIDADO DO MEDIOAMBIENTE PILABOT

O noso centro ven de inscribirse un ano máis nunha campaña que promove o coidade e reciclaxe de material supercontaminante, "as pilas", mellor chamadas dispositivos domésticos de almacenamento de enerxía, traede tódalas pilas de calquera forma e tamaño de uso doméstico que atopedes pola casa, pedídelle aos veciños e familiares, cantas máis mellor. 

Ata 150 escolas de educación primaria e secundaria de toda a comunidade autónoma galega, tanto públicas como privadas, concertadas ou non concertadas,  participan no Certame Pilabot. Por iso, o público obxectivo do concurso Pilabot son os mozos galegos de 6 a 16 anos. Os centros recibirán os colectores para depositar as pilas colectivamente, material promocional da campaña e caixas para que os estudantes garden as pilas que xa non usan nas súas casas. Despois levarán as pilas ao centro e depositaranse no recipiente.

Os dous centros que recollan máis quilos de pilas en total e os dous que recollan máis quilos por alumno recibirán un premio pola compra de material escolar.

CHÁNDAL E EQUIPACIÓN DEPORTIVA DO INSUA BERMÚDEZ

EQUIPACIÓN CHÁNDAL CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ 18-19

*Unha vez rematado este prazo, agardarase a xuntar varios pedidos para aforrar custos de envío. Pódense facer pedidos despois deste prazo igualmente ;-).

** Clicade na Imaxe para ver en Google maps a ubicación da tenda CUSTOMIZE.

SOLICITUDE DA CONCESIÓN DO CERTIFICADO DE CALIDADE DE CENTRO SAUDABLE 17-18

O curso pasado presentamos por primeira vez a solicitude, máis problemas de firma electrónica e un erro de envío fixo que non chegara ao Ministerio de Educación, este ano voltamos tentalo e velaí vos presentamos a memoria que remitimos. Sabemos que o reto é complicado, o derradeiro curso de varias centenas de solicitudes soamente concederon 40 certificados.

Solicitude centro saudable 2017-18 ceip antonio insua bermudez

 

Montaje creado Bloggif

COMEZA A TEMPORADA DE CAMPO A TRAVÉS (PREPARATORIA, MAGDALENA O XOVES 18 DE XANEIRO EN HORARIO LECTIVO)

Benvidas e benvidos un ano máis á temporada de Campo a Través 17_18. No cartaz tedes as Datas das probas que se celebrarán no Circuito da Magdalena. Andamos a probar as camisetas que nos agasalla o Concello, área de Deportes, antes da primeira proba. A primeira proba preparatoria será en xoves 18 de xaneiro en horario lectivo, animádevos a participar, o curso pasado asistimos 149 inscritos, a ver se o superamos este ano. Esta proba servirá para configurar os equipos da segunda proba, a Clasificatoria na que se corre por equipos, os seis primeiros configurarán o equipo A, os seis segundos o equipo B e así sucesivamente, se alguén  no pode asistir xcederá o seu posto ao seguinte. Pregamos participación e seriedade os domingos das probas para non perxudicar ao equipo. É moi complicado refacer equipos o día da proba.

Os mestres de EF, Irene e Suso premiamos cun punto extra ao alumnado que se implica no Deporte Escolar, pasarémolo ben, correremos, esforzarémonos e superarémonos, faremos actividade saudable. gañemos ou perdamos será un gran día. PARTICIPADE.

Esta semana pasaremos a nota da carreira e verificaremos que teñades a AUTORIZACIÓN  de participación para tódalas probas. Lembrade que tedes o Modelo de Autorización nos documentos adxuntos, debaixo á dereita desta nova. 

CIRCULAR CAMPO A TRAVES ZONA TERRACHA 2017-2018 

DATAS DAS PROBAS

  • 1ª PROBA: PREPARATORIA o XOVES 18 DE XANEIRO en  VILALBA (A MADALENA) (FARASE FOTO DE GRUPO ANTES DE VOLVER AO COLE)
  • 2ª PROBA: CLASIFICATORIA DIA 28 DE XANEIRO EN VILALBA (A MAGDALENA)
  • 3ª PROBA: CAMPIONATO PROVINCIAL o 4  DE FEBREIRO  en VILALBA (A MAGDALENA).

HORA DE COMENZO DAS PROBAS: ÁS 11:00h am Esta é a unica hora fixa, as outras probas son orientativas, estaremos de volta con tempo antes do comedor.

CATEGORIAS

  • BENXAMINS                  nados no   2009-2010
  • ALEVINS                       nados no   2007-2008
  • INFANTILS                    nados no   2005-2006
  • CADETES                      nados no   2003-2004

DISTANCIAS A PERCORRER

BENXAMÍNS 2009-2010       PREP                  CLASIFIC                          

    • Benxamin Femenino         500                         600                                       
    • Benxamin masculino          500                        600                                       

ALEVÍNS      2007-2008       PREP                  CLASIFIC 

    • Alevin Femenino                800                      1000                                     
    • Alevin Masculino              1000                      1200                                     

INFANTÍS   2005-2006       PREP                  CLASIFIC  

    • Infantil Femenino             1000                      1200                                     
    • Infantil Masculino             1200                      1600                                     

CADETES    2003-2004       PREP                  CLASIFIC  

    • Cadete Femenino              1200                      1600                                     
    • Cadete Masculino              2500                      3500                                     

CIRCUÍTO : CLICA PARA VER OU DESCARGAR O PLANO DO CIRCUÍTO DA PREPARATORIA

Na clasificatoria os equipos serán como maximo de seis corredores e mínimo de 4 para poder puntuar agás na categoría cadete que poden ser de tres.

Clasificanse para o provincial os dous primeiros equipos e os oito primeiros individuais .

As inscripcions para a proba do 18 farase ou mais tardar o luns 15 de Xaneiro para organizar o transporte e os dorsais.

Para a clasificatoria o plazo remata o xoves 25 as 14:00h

Habera medallas para os tres primeiros individuais e na clasificatoria medallas para os tres primeiros equipos clasificados en cada proba.

Na clasificatoria aquelas entidades que presenten mais dhun equipo en alghuna categoría deberan distinguir ditos equipos

O dia da clasificatoria poderanse facer cambios hasta as 10,45h despois non se podrán facer. Se alguén vai faltar é moi importante que avise con tempo, para non fastidiar ao equipo. E moi difícil mover atletas entre equipos minutos antes.

O comenzo das Probas de zona comenzaran as 11h .Sendo  o programa como sempre, de pequenos a maiores e sempre primeiro os equipos de rapazas: Benxamin Feminina,Benxamin Masc.Alev Femen,Alevin Masc,Infantil Femen,Infantil Masc,Cadete Fem,e Cadete Masc.

 

Cartaz1InsuaBermudez17_18

 

Cartaz2CEIP_Antonio_Insua_Bermúdez_Campo_Través_Xogade_Proxecta_DAFIS

Clica e Descarga a Autorización paterna/materna/titoreslegais para participar nas Probas Deportivas 17-18 co CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba.

Clica e Descarga O Plano do Circuíto da Proba Preparatoria.

Distribuir contido