COMISIÓN ACTIVIDADES

2ª Xornada Clasificatoria Benxamín e Alevín de Atletismo.

XOGADE – 2ª Xornada Clasificatoria Benxamin e Alevin


Disputouse en xornada de mañá do pasado domingo 6 de Abril a 2ª Xornada Clasificatoria de Atletismo en Pista do Programa Xogade para as categorías alevín e benxamín. Dos resultados destas duas xornadas saldrán os clasificados para o vindeiro campeonato provincial de atletismo que se disputará o vindeiro 11 de Maio e na cal tomarán parte as 16 mellores marcas de cada disciplina atlética.

Fotos: @Anton_Gomez Montaje creado Bloggif

 

En canto os resultados, o gañadores de cada proba foron os seguintes: Nicolás Arias (Escola Atlética Lucense) era o máis rápido nos 60 metros lisos alevín, mentras que Aleix Díaz (Escolas Lourenzá) era o mellor nos 500 metros lisos. Dentro da mesma categoría, Álvaro López (Franciscanos) gañaba a proba dos 1000 metros lisos. Carlos Moral (A Gándara) gañaba os 2.000 metros lisos e Mateo Díaz (Escola Atlética Lucense) facía o mesmo nos 2 km marcha. En canto os concursos, Javier Bustos (Martínez Otero) gañaba a proba de salto de altura e Javier Martínez (Triscos) facía o propio na lonxitude. Manuel Rodríguez (A Gándara) gañaba na proba de lanzamento de peso e Xosé Ramallal (Santa Rita) a de lanzamento de pelota.

 

Polo que se refiere os benxamín masculino, Marco Sánchez (Maristas) era o mellor na proba de 50 metros lisos e tamén na proba dos 500 metros lisos. Daniel Jato (Franciscanos) gañaba a proba dos 1000 metros lisos e Vicente Castro (Insúa Bermúdez) vencía na proba de 1 km marcha. Joel López (Franciscanos) gañaba a proba de salto de altura, Diego Rodríguez (Lucus) a de lonxitude, Lucas Manzana (A.D. Xove) a de peso e Pablo Reigosa (Maristas) a de lanzamento de pelota.

 

Xa entre as nenas alevín, Ainara Rodríguez (Escolas Lourenzá) era a máis rápida na proba dos 60 metros lisos, repetindo triunfo a mesma atleta nos 500 metros lisos.María Bouza (Escola Atlética Lucense) gañaba a proba dos 1000 metros lisos e Ana Vallines (Lourenzá) facía o mesmo na proba dos 2000 metros lisos. Marina Peixoto (Escola Atlética Lucense) gañaba a proba de 2 km marcha. Nos concursos, Paula Piñón era a mellor na proba de salto de altura e Melania López (A Gándara) na lonxitude. A mesma Melania gañaba a proba de lanzamento de peso e Lucía Varela (Franciscanos) tamén se impoñía no lanzamento de pelota.

 

Por último, na categoría benxamín femenino, Marta Sanmartín (Escolas Guitiriz) gañaba a proba dos 50 metros lisos e Ana Ben (Santa Rita) a dos 500 metros lisos. Demenchez Vázquez (Illa Verde) era a gañadora da proba dos 1000 metros lisos e Aurora Romero (Insúa Bermúdez) se impoñía na proba de 1 km marcha. Carmen García (Escolas Lourenzá) era a que máis saltaba na proba de salto de altura e Marta Sanmartín (Escolas Guitiriz) repetía triunfo na proba de salto de lonxitude. Na proba de lanzamento de peso, Sabela Sureda (Franciscanos) gañaba a proba e Natalia Moreda (Martínez Otero) era a máis forte no lanzamento de pelota.

Para ver os resultados da xornada de competición clique aquí.

Clica na ligazón para acceder á galeria de imaxes

Xornada de Atletismo Infantil

Disputouse na mañá do domingo 30 a 1ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista do Programa Xogade para a categoría infantil, na que participaron un bo número de atletas procedentes dos colexios, ANPAS e clubes da provincia, no que era o primeiro contacto ca pista ó Aire Libre para a categoría infantil.

Fotos: @Anton_Gomez

Na proba dos 80 metros lisos, o máis rápido foi o atleta de Franciscanos, Carlos Alvárez cun crono de 11.68 sg, mentras que na proba feminina Cristina Castedo (Castroverde) foi a máis destacada con 11.78 sg. Nos 150 metros lisos, Pablo Tomé (Franciscanos) e Manuel Arias (Maristas) igualaban crono con 20.65. Nas féminas, triunfo para Lucía López (Franciscanos)

Carlos Alvárez (Franciscanos) repetía triunfo nos 500 metros lisos con 1.24 minutos, mentras o seu compañeiro de equipo Hugo Martínez, facía o propio nos 1.000 metros lisos con 3.27. O atleta Cristian Santos (Atletismo Friol) gañaba os 3.000 metros lisos cun tempo de 11.54 minutos. Na proba dos 500 metros femeninos, a atleta de Franciscanos Ana Martínez lograba a victoria cun tempo de 1.32 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Lucía López lograba outra victoria nos 1.000 metros lisos cun crono de 3.21 minutos. Por último, os 3.000 metros lisos eran para a atleta do Lucus Caixa Rural, Sara López, que marcaba un tempo 11.48 minutos.

Polo que respecta os valos, Guzmán Carril gañaba os 80 metros valos cun tempo de 16.26 sg, mentras que Pablo de la Iglesia (Maristas) lograba o triunfo na proba dos 220 metros valados con 36.53 segundos. Entre as nenas, doblete para Andrea Reija (Castroverde) nos  e nos 220 metros valos. Por último, José Fonseca (Franciscanos) gañaba a proba dos 1.000 metros obstáculos.

Na proba dos 3 km marcha, Vanesa Blanco (Atletismo Friol) gañaba a proba, mentras que o seu compañeiro de equipo Marcos Burgo facía o propio na proba masculina.

Xa nos concursos, Guzmán Carril (Franciscanos) gañaba a proba de salto de altura cunha marca de 1.25 metros, mentras que nas nenas a victoria era para Lidia Barreira (Lourenzá). Manuel Arias (Maristas) gañaba a proba de lonxitude con 4.71 metros e nas nenas era Lucía López (Franciscanos) quen se impoñía con 4.36 metros. Manuel Arias (Maristas) tamén gañaba o triple salto, mentras Lidia Barreira (Lourenzá) facía o propio na proba femenina.

En canto o peso, Adrián Pérez (Franciscanos) e María Carballido (Atletismo Friol) gañaban as súas respectivas probas. David Quiroga (Triscos) gañaba o lanzamento de disco, mentras que María Carballlido (Atletismo Friol) repetía triunfo na mesma disciplina. A atleta de Franciscanos, Uxía Sureda foi a máis forte na proba de lanzamento de xabalina, mentras que entre os nenos foi para Daniel Canto (Insúa Bermúdez). Por último, Carmen Gay (Lucus Caixa Rural) foi a mellor na proba de lanzamento de martelo.

Clica na ligazón para acceder á galería de imaxes.

Crónica Nada Corre Narón

 

Xornada intensa e moi fatigosa para os corenta deportistas do clube que participaron na última xornada clasificatoria para o Campionato Galego da especialidade a celebrar o día 9 de marzo en Ribeira no Complexo Polideportivo da Fieiteira.

A competición de natación foi moi interesante e varias series decataronse ao sprint final, na carreira a pe, o circuito estivo marcado por uns 250 metros finais de subida á meta e forte vento que agravaba a sensación térmica de frio ao rematar a tarde.

Ao final clasificaronse uns 20 rapaces das escolas de Triatlón e os outros 20, algúns deles, a primeira experiencia no Nada-Corre estiveron moi preto de lograr a súa clasificación.

En breve comezará a competición de Duatlón (As clasificatorias o 29 de marzo en Güitiríz e o 13 de abril en Mondoñedo, a Final Provincial será en Lugo o día 26 de abril), esta semana antes das vacacións recollemos inscricións.

Ata a próxima e parabens a todos os que participachedes. 

 

Clica na imaxe para acceder á galeria de imaxes do evento, fotos alleas.

NADA-CORRE Narón 22 Febreiro de 2014

 

HORARIO ESTIMADO DA PROBA NADA-CORRE NARÓN 22 DE FEBREIRO DE 2014

Lugar da Competición: Complexo Polideportivo de A Gándara. Estrada de A Gándara 148. Narón (Ferrol). 

Proba de Natación: Piscina Municipal de A Gándara.

Proba Pedestre: Circuíto urbano Rúa Hermanos Pita.

02:20h Saída de Vilalba da Gasoliñeira Galp.

15:50h (03:50h).- Chegada a Narón ao Complexo Deportivo a Gándara e comezo do quecemento.

16:30h (04:30h) Comezo da proba de natación dos benxamíns (benxamíns: 50m de natación, alevíns: 100m de natación)

18:00h (06:00h) comezo da carreira pedestre: 500m para benxamín e alevín.

19:15h (07:15h) Finalización da competición.

Chegada a Vilalba sobre as 8:00h - 8:15h.

 

 

 

 

Crónica do Campionato provincial de Campo a Través Vilalba 2014

Montaje creado Bloggif

 

O domingo 9 de febreiro de 2014 démonos cita nas instalacións municipais da Madalena en Vilalba atletas de toda a provincia de Lugo para disputarmos o campionato provincial de Campo a Través.

 O Ceip Antonio Insua Bermúdez  presentabase con 9 equipos clasificados, sen embargo déronse importantes ausencias nos equipos A de diferentes categorías que fixeron que non puideramos aproveitar o noso potencial coma noputras ocasións, unha mágoa cando tiñamos talento de sobra para facer uns 3/4 podiums por equipos.

O Campo a Través remata pois este ano no Provincial, fixemos un terceiro posto en Infantil Feminino e os que non conseguimos títulos quedámonos con un bo comezo da temporada para seguir preparando o Nada-corre, Duatlón e Atetismo a continuación. Aupa Insua!

Agradecemos a súa presencia e concurso a tódos aqueles que viñeron a pesares da alerta metereolóxica e a pesares do fútbol, este ano atletas que xa non están no noso cole, maiores do instituto, viñeron nas categorías infantil e cadete, queremos darlles a noraboa e as grazas por seguir acordándose do superequipo do Insua Bermúdez(María Morado, Fran, Antonio, Xosé, Javi e Iyán ;-) Grazas!)

Gústanos gañar coma a todo o mundo, saber perder é tan educativo como saber gañar e debemos lembrar que o máis importante e inculcar hábitos saudables. Achegarse a varios deportes nestas idades cun enfoque multidisciplinar, axuda a establecer as bases dun estilo de vida saudable, axuda á mellorar a autoestima,favorece a socialización, mellora a saúde cardiovascular, a densidade ósea, resistencia aeróbica... a que esperades para apuntarvos!

clica na imaxe PDF para acceder á clasificación individual e por equipos.

 

 

 

Clica na cámara para acceder á galería de imaxes do evento.

    

   

Proba de Nada-Corre Vilalba 2014

Montaje creado Bloggif

O sábado 8 de febreiro citámonos na piscina da Madalena en Vilalba para disputarmos a competición de Nada Corre uns 50 deportistas do noso Clube Fluvial de Lugo Triatlón. Unha boa parte está integrado por atletas do noso centro. A mañá non acompañaba moito e sobre as 10:30 comezaron as series benxamíns de natación , alumnado de 3º e 4º de primaria sobre a distancia de 50 m. Logo viñeron as series de Alevín , alumnado de 5º e 6º de primaria , que nadaba uns 100 m.

Ao rematar as probas de natación e de cambiarnos nos vestiarios, fomos á pista de Atletismo da Madalena para quentar e disputarmos a proba pedestre, que no caso de benxamíns e alevíns era de 500m para ámbalas dúas categorías.

Nesta proba clasificabanse os catro primeiros deportistas por categoría para disputaren o campionato galego de Nada Corre en próximas datas. O nivel foi moi elevado ao se presentar  na proba equipos de natación que empregaron esta proba para preparar a temporada de natación.

A próxima cita será en Narón o sábado 22 de febreiro, dentro de dúas semanas, aló nos vemos e animamos a todo o que queira probar que se achegue a piscina.

Clicade na ligazón para ver a galería de imaxes.

 

Competición de Nada Corre Instalacións da Madalena

HORARIO ESTIMADO DA PROBA NADA-CORRE VILALBA 8 DE FEBREIRO DE 2014

09:45h Chegada á piscina.

10:00h Comezo do quecemento

10:30h Comezo da proba de natación dos benxamíns (benxamíns: 50m de natación, alevíns: 100m de natación)

12:30h Comezo da carreira pedestre: 500m para benxamín e alevín.

13:30h Entrega de premios.

 

 

 

 

Campionato Provincial de Campo a Través 2014 Circuíto da Madalena en Vilalba.

O Domingo 9 de febreiro 2014 celebrarase nas instalacións da Madalena de Vilalba o Campionato Provincial escolar de Campo a Través

 

Chegada ao estadio: antes das 11:00, recoméndase sobre as 10:45h para repartir os dorsais, especialmente importante os das categorías inferiores, benxamíns feminino e masculino.

Comezo das probas: 11:00h dara comenzo as probas benxamin feminino e benxamín masculino.

Entrega de trofeos: a partires das 13:00h aproximadamente.

Atlletas Participantes: Os equipos clasificados na fase comarcal, 9 en total. Os dorsais danse o día da carreira, vinde con puntualidade sobre as 10:45h. 

Clasificaranse para a proba galega, Campionato Galego de Campo a Través en Pobra do CARAMIÑAL os dous primeiros equipos de cada categoría e os oito primeiros clasificados individuais.

O equipo do CEIP antonio Insua Bermúdez participa con 9 equipos clasificados na fase ClasificatoriaComarcal.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Montaje creado Bloggif

O pasado viernes 31 de xaneiro de 2014 celebramos no cole o Día da paz

Deixamosvos unha escolma dos murais e das imaxes deste día tan especial e necesario.

Clica na imaxe para ver a galería de imaxes.

Campo a Través Carreira Clasificatoria da Terra Chá.

 

Montaje creado Bloggif Montaje creado Bloggif

O sábado 25 de xaneiro de 2014, no estadio deportivo da Madalena en Vilalba, déronse uns 150 atletas da comarca da Terra Chá para disputaren a xornada Clasificatoria da proba de Campo a Través , clave para elixir aos representantes da zona na proba provincial que se celebrará o vindeiro día 9 de febreiro neste mismo marco deportivo, as instalacións vilalbesas da Madalena.

A mañá amenceu escampando no circuíto da Madalena logo dunha noite intensa de choiva, Clasificaronse os dous primeiros equipos de cada categoría e os 8 primeiros atletas individuais. O Ceip Antonio Insua Bermudez, representante do Concello de Vilalba acaparou 9 equipos clasificados xunto con outros das escolas deportivas de Guitiriz, Outeiro de Rei, Castro de Rei e Pastoriza. Os atletas sufriron, correron e pasarono ben pois as medallas tocáronlle a un bo grupo deles. 

Nesta Ligazón accededes á nova do xornal El Progreso: Zancadas hacia el éxito.

Para os que levaron medallas e para os que non a conseguiron, moitas grazas por participar, por esforzarbos e por comprender que o deporte axuda a formar persoas.

Clica na ligazón para acceder á galería de imaxes.

Montaje creado Bloggif

   

Distribuir contido