COMISIÓN ACTIVIDADES

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS NO COMPLEXO DE MONTERRE O SÁBADO 21 FEBREIRO 2015

Na recente proba provincial de Campo a Través celebrada no circuíto da Magdalena en Vilalba clasificaronse por individual os atletas: Aurora Romero Trastoy na categoría Alevín Feminino e David Franco na categoría Infantil masculino. Do mesmo xeito o equipo Benxamín feminino acadou o segundo posto pero esta categoría non disputa o campionato galego. Parabéns a tódolos atletas participantes.

Achéganse documentos do plano do circuíto e da normativa para a proba.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS (MADALENA 01/02/2015)

CircuitoCampionatoProvincialCampoTravésVilalba2015

O xoves 29 ás 13:00pm  remata o prazo para inscribir os equipos e individuais clasificados na proba anterior.

Prégase confirmen asistencia os atletas pendentes infantiles e cadetes para poder configurar equipos e facer os axustes necesarios.

Teléfono de contacto do encargado 616501003.

O domingo 1 de febreiro de 2015, nas instalacións deportivas da Madalena do Concello de Vilalba, celebrarase unha nova edición do Campionato Provincial de Campo a través. O noso centro inscrito no Plan Proxecta de Proxecto Deportivo de Centro, participa nesta ocasión con equipos en tódalas categorías agás na cadete masculina. Os atletas gañaron a súa participación na anterior proba clasificatoria celebrada o domingo anterior no mésmo circuíto. Agardamos que o tempo e os parentes nos acompañen nesta xornada deportiva para animar aos nosos atletas.

PROBA CLASIFICATORIA DOMINGO 25 XANEIRO DE 2015 NA MADALENA

Prema aqui para descargar os RESULTADOS da PROBA CLASIFICATORIA.

PROBA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS O 15 de Xaneiro EN HORARIO LECTIVO

CLICA NA LIGAZÓN PARA VER OS RESULTADOS DA PROBA

 

Preme en adxuntos para descargar os documentos

NOTA INFORMATIVA EQUIPACIÓN OFICIAL CEIP INSUA BERMÚDEZ

Campionato Provicial de Atletismo 25/05/2014 no Estadio Gregorio Pérez Rivera

CEIP Insua Bermúdez 2014 Provincial Atletismo

O próximo domingo 25 de maio de 2014 celebraremos unha xornada de atletismo nas instalacións deportivas do Estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo.

A xornada atlética comeza ás 10:45 e rematará ás 18:45. Unha vez rematemos a inscrición dos atletas clasificados e saibamos o horario do transporte mandaremos a nota informativa ao respecto coa folla de horario oficial.

Achegamos máis abaixo listado de atletas clasificados en tódalas categorías. Lembramos que están clasificados os 16 primeiros atletas de cada disciplina.

Campionato Galego de Duatlón escolar en Portosín

 

Na madrugada do sábado 10 de maio de 2014 varios atletas do noso centro pertencentes a clube de triatlón participaron no Campionado de Duatlón que nesta ocasión se disputou en terras coruñesas de Portosín.

Logo de comezar a temporada competitiva co Nada/corre e as súas probas en Vilalba, Narón e Ribeira, seguimos co Duatlón disputando as probas de Guitiriz, Mondoñedo e Lugo para rematar o galego no porto de Portosín.

Conseguimos subir ao podium por equipos en diferentes categorías e a pesares do nivel da proba e dos participantes contra os que competiamos esforzámonos moito.

Tendes unha escolma de imaxes do evento na galería de imaxes.

Clica na imaxe ou no enlace para acceder á galería de imaxes.

2ª Xornada Clasificatoria Infantil e Cadete de Atletismo no Estadio Gregorio Pérez Rivera

Nesta Xornada do 11 de maio de 2014 acudimos cuns 18 inscritos en diferentes probas de lanzamentos, carreiras lisas e de valados, magoa dunha perda de rumbo no desplazamento que nos impediu participar e clasificarnos para a marcha con Ana Insua quen ía dar guerra para o provincial.

As probas coma no resto de clasificatorias disputáronse en xornada de mañá das 10:30 ata entradas as 2:00h do mediodía.  

Así, na proba dos 80 metros lisos, o máis rápido Manuel Arias (Maristas), mentras o seu compañeiro Jacobo de la Iglesia  facía o propio na proba dos 150 metros. Brais Klein (María Auxiliadora) era o mellor na proba dos 500 metros lisos e José Fonseca (Franciscanos) gañaba con autoridade os 1.000 metros. Na proba dos 3.000 metros lisos, o triunfo era para Ángel Martínez (Atletismo Friol). Manuel Arias (Maristas) volvía a gañar a proba dos 80 metros valos e completaba o triplete ca proba dos 220 metros valos. O seu compañeiro de equipo Cristian Otero lograba o triunfo na proba dos 1.000 metros obstáculos. Hugo Martínez (Franciscanos) se impoñía nos 3 km marcha.

 

Xa nos concursos, José Fonseca (Franciscanos) e o seu compañeiro Carlos Alvárez lograban os triunfos en altura e lonxitude respectivamente. Nicolás Díaz (Escola Atlética Lucense) gañaba o triple salto e Víctor Villar (Lucus) a pértiga. No lanzamento de peso, Adrián Pérez (Franciscanos) era o máis forte, mentras que no disco Miguel Ángel Sánchez (Atletismo Friol) era o que se impoñía. Ismael Francos (Insúa Bermúdez) gañaba a xabalina e Bruno Santos (Lourenzá) o martelo.

 

Polo que respecta as nenas, Cristina Castedo (Castroverde) gañaba as probas do 80 e 150 metros, mentras que no mediofondo Lucía Méndez (Lucus Caixa Rural)  e a súa compañeira de equipo Sara López dominaban os 500 e os 1000 metros lisos. Na proba dos 3000 metros lisos Sonsoles Martín (A Gándara) gañaba con autoridade. Uxía Pereira (Lucus Augusti) gañaba os 80 metros valos, mentras que Andrea Reija (Castroverde) se impoñía nos 220 metros valos, Rares e David quedaron a 1" da podium sen clavos. A atleta do Lucus Caixa Rural, Paula Castro gañaba a proba dos 3 km marcha.

 

Víctoria de Andrea Reija (Castroverde) na proba de salto de altura e de Claudia Meilán (Escola Atlética Lucense) no salto de lonxitude. Lidia Barreira (Lourenzá) gañaba o triple salto e Raquel López (Lucus Caixa Rural) a pértiga. Polo que respecta o peso, Florencia Valentine (Martínez Otero) gañaba con autoridade a súa proba, María Díaz, Ana Insua e Alejandra quedaron clasificadas fora do podium pero entre as mellores da súa idade, mentras que Iria Prieto (Veleiro Docampo) lograba o triunfo no disco. Uxía Sureda (Franciscanos) gañaba a xabalina, a nosa Uxía Díaz quedou clasificada en 4º lugar con opcións a podium de mellorar o ángulo de saída da xabalina e por último, Alba Corral (Lucus Caixa Rural) se impoñía no lanzamento de martelo.

Destacamos o concurso de tres atletas por primeira vez en probas de valados, nas de 80 mv e de 220 mv, nas que nos conseguimos clasificar con tres rapaces, Rares, David Franco e Antón Paz González.

Calificamos de moi boa a actuación de tçodolos nosos rapaces, temos varios nenos e nenas que se clasificaron en dúas, tres e catro probas, a participación este ano é superior ao do curso pasado e a pesares de compartir o tempo de ocio con outros deportes o Atletismo vai facendo o  seu oco no Insua Bermúdez de Vilalba.

Grazas a tódolos deportistas por participares e disfrutar co atletismo, deixámosvos unha mostra do evento na galería de imaxes. saúdos.

Clica na imaxe para acceder á galería de imaxes.

Crónica Duatlón Mondoñedo 12 de abril de 2014.

O pasado sábado 12 de abril celebramos en Mondoñedo a última proba clasificatroria de Duatlón escolar na zona de Lugo.

Cando en Vilalba o tempo acompañaba á saída no bus oa chegar a Mondoñedo as condición se volveron máis frias. Na proba benxamín contamos con máis atletas que na proba anterior de Guitiríz. Jairo Carracedo entrou terceiro e Nerea Carracedo acariciou o podium ao que sen dúbida chegaría se non se vira penalizada na proba ciclista. Destacamos a actuación de Sergio Franco que tamén se clasificou para a final Provincial a celebrar o sábado 26 de abril. Na proba anterior de Guitiriz lograran a clasificación para a provincial Miguel Paz, Alberto Pérez, Guadalupe Martínez, Lucía García. Lembramonos de Carmen Lias que probou por primeira vez o duatlón e tras unha salída boa tivo que retirarse con molestias. Parabens a estes enormes deportistas.

Na categoría Alevín Excelente actuación e final María Díaz, Eva Sanmartín e Sonia Camba en féminas e en masculino Boa actuación de  Raúl Alvariño Amado, Samuel Alvariño Amado, Fermín e Raúl Sanz xunto con Diego Díaz que se clasificaron tamén. 

Na proba de Guitiriz clasificarase tamén Rubén Fraga Cal.

Adxuntamos abaixo e neste link  os clasificados para o Campionato Provincial de Duatlón Lugo que se celebrará en Lugo, a próxima cita en sábado 26 de abril no circuito do río Rato en Lugo.

Deixamosvos a reportaxe fotográfica do evento.

Clica no link para acceder ao cartafol de imaxes de Marcos Pereira

Clica no link para acceder ao cartafol de imaxes do cole

 

 

 

DUATLÓN ESCOLAR Clasificatorio de Mondoñedo

COMPETICIÓN CLASIFICATORIA DE DUATLÓN ESCOLAR MONDOÑEDO      

       

O sábado 12 abril de 2014 celébrarase en  Mondoñedo, na rúa Vilalba.  Saída, boxes e meta: Rúa de Vilalba.  Recollida de dorsais: Na carpa de organización o carón dos boxes desde 45´ ́ antes do comenzo de cada proba ata 10 ́ antes da saída.
Transporte desde Vilalba: Ás 14:30h (2:30h recolleranos o autobús procedente de Lugo na estación de servicio Galp da entrada de Vilalba dirección Lugo- Vilalba.
Comezo da Proba: Á proba comezará ás 16:00h, 4 horas da tarde.
•    Saída categoría benxamín as 16:00h.
•    Saída categoría alevín as 16:20.
•    Saída categoría infantil as 16:50.
•    Saída categoría cadete as 17:30.
•    Hora de remate das probas as 18:15.
Regreso: sobre as 19:00h, (Sobre as 7:00h) aproximadamente Na Gasolineira Galp.
O clube prestará equipo ao que non dispoña, mais dada a alta participación prevista é posible que non existan bicicletas para todos, se alguén pode traer a súa faría ben ( TRANSPORTASE NO BUS). Lémbrase que tamén se agradece traer o seu propio casco.


Distribuir contido