SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 23-24

As familias podedes presentar xa o  modelo de autodeclaración do comedor.

 

PRAZO PARA FORMALIZAR A AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR:

DO 4  AO 7 DE XULLO 2023 NO CENTRO E SEMPRE ANTES DO DÍA 1 DE SETEMBRO 2023 SE O MANDADES POR CORREO ELECTRÓNICO

                      HORARIO DE 10h a 13h

 

Tamén podedes mandala por correo electrónico ao centro   ceip.antonio.fernandez.lopez@edu.xunta.gal

MODELO AUTODECLARACIÓN

INSTRUCIÓNS COMEDOR. INFORMACIÓN

CALCULADORA

DÍA DA BICI

Hoxe vivimos unha xornada diferente. Tivemos a visita de STOP ACCIDENTES. O cole encheuse de bicis e patinetes para participar na actividade “Habilidades en bici”. Tamén asistiron en Infantil a un contacontos e o alumnado de 1º e 2º a un Obradoiro de Educación Vial. Que ben o pasaron tod@s!!

 

OBRADOIRO ÁNGELES ALVARIÑO

Hoxe , dentro do Plan Proxecta Donas de Sí, visitáronnos na biblioteca para falarnos de Ángeles Alvariño. Contáronos cousas moitas cousas interesantes dela mentres a ilustradora iba facendo un debuxo.
Despois todos os nenos e nenas se puxeron mans a obra seguindo os pasos que lle ía decindo a ilustradora para facer o retrato de Ángeles Alvariño.

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso escolar 2023/2024.

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

As solicitudes presentaranse prefereiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderase presentar as solicitudes presencialmente nos centros escolares.

 

 MODELO SOLICITUDE

  • O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

VISITA AOS BOMBEIROS

 O alumnado de Infantil, 1º e 2º desprazouse ata o parque dos Bombeiros de Sarria para coñecer o seu traballo. Alí ensináronlle a roupa do seu uniforme, o camión de Bombeiros, o camión grúa, como fan excarcelacións...

Mil grazas por toda a vosa paciencia! O alumnado quedou encantado con todo o que lles ensinastes!!

FRIDA KHALO E KARLA GERARD NA CLASE DE ART

Os nosos artistas de 5º e 6º demostraron toda a súa arte cun retrato de Frida Khalo e varias das obras de Karla Gerard.

 

DÍA DANZA

Este ano celebramos o día da Danza a ritmo da Tarantela, o Corridinho, o Vals, o Morris Dance, a Polca e o Sirtaki.

 

VISITA COGAMI

Hoxe tivemos unha xornada de convivencia con COGAMI Lugo. Achegáronse ata o centro e déronnos a coñecer o seu labor e participamos con eles en varios obradoiros. Foi unha xornada moi enriquecedora! Moitas grazas pola vosa visita!

Distribuir contido