24 DE OUTUBRO- DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o día da casa de Antolín, o día da BIBLIOTECA: abrimos de novo as súas portas despois dos cambios e comezaron a súa aventura as mochilas viaxeiras. Pero, o mellor de todo, foi as caras de sorpresa cando “os maiores” apareceron nas clases de infantil pa contarlle un conto. Que ben o pasaron! Xa están desexando que volvan!
Feliz día das bibliotecas!

A RADIO DO PATRIMONIO

O alumnado de 6º participou hoxe en Sarria na gravación do programa "A Radio do Patrimonio". Aquí tedes o resultado! 

19OUTUBRO-DÍAMUNDIALDOCANCRODEMAMA

Sumámonos a conmemoración  do #DíaMundialContraoCancrodeMama para concienciar aos nenos da importancia  da investigación e diagnóstico precoz desta enfermidade. Colgamos das árbores corazóns con mensaxes de ánimo  para todas as mulleres loitadoras.

EXCURSIÓN TROPIC GAIA E MUSEO PROVINCIAL DO MAR

O pasado xoves, grazas a actividade ofertada pola Deputación de Lugo  "Da escola á granxa" e solicitada pola ANPA do cole, fomos de excursión a Mariña lucense. Visitamos Tropic Gaia onde coñecemos como cultivan as pitaias, recollemos fresas e fisalis!

 

Despois de comer achegámonos ao Museo Provincial do Mar e demos un paseo ata o Faro de Punta Atalaia.

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA OS BOLECHAS NO COLE

Queremos compartir con vós o programa que gravamos o ano pasado cos Bolechas, onde lles ensinamos todo o que sabemos sobre as bandeiras do mundo. Esperamos que vos guste!

Premede na imaxe para ver o resultado

 

A PREHISTORIA NA CLASE DE INFANTIL

Na clase de 5º e 6º de Infantil están traballando a Prehistoria. Teñen a súa cova onde cada mañá fan a asamblea, xa se converteron en trogloditas, coñeceron as construcións características desta etapa e fixeron unha réplica e xa coñecen tamén como se obtiña o alimento. Que será o próximo que aprendan?

 

SOLICITUDE CONCILIA 2022-2023

UN ANO MÁIS O CONCELLO, DENDE A ÁREA DE BENESTAR SOCIAL,  OFRECE O SERVIZO DE CONCILICACIÓN FAMILIAR. 

AS INSTRUCCIÓNS PARA ACCEDER A DITO SERVIZO ESTÁN NO SEGUINTE ENLACE.

FICHA DE INSCRIPCIÓN.

Distribuir contido