Outras actividades

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe celebramos o Universal da Infancia cantando unha canción onde o alumnado de 3º e 4º nos recorda os dereitos de todos os nenos e nenas.

19 OUTUBRO- DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Dende o noso cole, sumámonos a conmemoración  do #DíaContraoCancrodeMama para concienciar aos nenos da importancia  da investigación e diagnóstico precoz desta enfermidade. Todo o alumnado escribiu mensaxes de ánimado para todas as mulleres loitadoras.

 

 

 

 

19 de OUTUBRO- DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Nin pandemia nin Covid apagarán a nosa voz para apoiar a loita contra o cancrod e mama. Os nenos e nenas de Oural formaron un gran lazo con mensaxes de ánimo para todas as loitadoras.

 

 

DESPEDIDA 6º

Chegou o momento de  decir "ata pronto" aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Aquí vos deixamos un vídeo de despedida que todo o profesorado preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

 

ESTAMOS ORGULLOSOS DE VÓS

Os mestres e mestras queremos agradecerlle o seu traballo aos nosos heroes e heroínas.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Benqueridas familias. Queremos agradecervos o apoio ás distintas iniciativas que estamos a desenvolver nestes momentos tan duros. Estamos empezando o novo camiño e xa vedes que non é moi doado. Queremos compartir  con vós as fotos que nos mandastes po vídeo de resistiré, porque  internet as veces xóganos malas pasadas e os correos non chegan. 
Estade moi atentos á páxina web porque seguiremos propoñendo actividades, e non vos esquezades do blog de Antolín, onde seguiremos propoñendo distintos retos. 

   
   

RESISTIRÉ

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración. #TODO VAI SAÍR BEN

  

Distribuir contido