Novas

Calendario mes de setembro

 

Compartimos o calendario provisional do mes de setembro con algunhas actividades.

 

 

Menú escolar setembro

Menú setembro

 

Reunión familias

Recordatorio! 

 

A reunión coas familias está prevista para o luns 9 de setembro de 2024 no centro ás 11.00h.

 

 

Inicio curso 2024/2025

Benvidos/as a un novo ano académico!

 

Despois do verán, o mércores 11 de setembro daremos comezo a un novo curso escolar que esperamos con moitas ganas e ilusión.

Temos moitas ganas de vervos!

Esperámosvos!

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2020-2021

Todas as solicitudes de admisión presentadas neste centro foron aprobadas. A resolución definitiva podedes atopala nos anexos desta entrada así como tamén no taboleiro de anuncios do centro.

A data para a formalización da matrícula comprende do día 1 ata o 10 de xullo.

Recordade presentar no centro toda aquela documentación que se vos solicitou e non foi entregada no momento de realización do procedemento de admisión.

Un saúdo

Actividades

Bo día. Deixo a vosa disposición as seguintes actividades para a etapa de educación infantil.

 

Alumnado 3 anos:

-Actividades variadas 3 anos( arquivo adxunto).

-Ideas de actividades manipulativas:https://www.pequeocio.com/aprender-numeros-montessori-ideas-caseras/ 

-Materiais de impresión:

Nova axuda para o comedor

O vindeiro luns  publicarase no  Diario Oficial de Galicia a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-garutítos de comedor escolar que esten en situación de vulnerabilidade.

A solicitude ten como data límite de presentación o día 6 de abril e  debe ser tramitada polas familias mediante vía electrónica no portal da Xunta de Galicia. 

Recursos para todas as idades

Bo día!! 

Nestes días de encerro, debemos evitar caer na monotonía e no aburrimento polo que deixo a vosa disposición o seguinte enlace( http://aulasgalegas.org/)  no cal poderedes atopar múltiples recursos para todos os niveis académicos.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer