Conmemoracións

O SAMAÍN CHEGOU AO COLEXIO!

O misterio, o medo e a maxia conquistaron cada recanto do noso cole. Onte celebramos unha xornada que quedará para o recordo:

  • Coñecimos a orixe e a historia da festa de Samaín.
  • Participamos no concurso de cabazas, expostas na entrada do centro e protexidas polo esqueleto Pepe.

  • Elaboramos unha merenda de medo creando arañas de galleta, cabazas de mandarinas, pantasmas plataneiros… Ademais de deleitar uns postres elaborados por dúas alumnas.
  • Recibimos á mamá de Pablo para escoitar o conto ‘unha estraña visita’. Agradecerlle de novo a súa participación, encantounos!

  • Debuxamos e pintamos ilustracións.
  • Vimos a película ‘Coco’ para coñecer a festa do día dos mortos.


Quedamos con ganas de seguir enchendo a mochila de máis aprendizaxes, días memorables e miles de experiencias.

 

 

No seguinte enlace poderedes acceder ao VÍDEO RESUMO DA XORNADA, xunto ás imaxes para descargar.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1-wCgI3CZ2QJfPOCoRaxbwPAAZhiTt6RA?usp=drive_link

MAGOSTO 2023

Que día tan máxico queda no noso recordo. Hoxe desfrutamos dunha xornada familiar, única e moi enxebre.

Agradecervos a participación, o tempo dedicado para deleitarnos coas doces e por tanta familiaridade.
Grazas a todos os que nos visitastes, aos nenos e nenas do PAI e por suposto, á ANPA. A vosa colaboración permitiunos desfrutar dun delicioso chocolate e da maxia de ver asadas as castañas da maneira máis tradicional.

Esta é a primeira das moitas xuntanzas que agardamos ter.

Seguimos a crear e a inmortalizar recordos!

Podedes acceder ao vídeo clicando na seguinte imaxe: 

Festival fin de curso

Este ano rematamos o curso cunha gran festa con hinchables, globoflexia, pintacaras, caza do tesouro, xogos tradicionais e unha gran comilona. Podedes ver o vídeo no archivo adxunto.

Agora, despois de traballar e estudar toca descansar. Bo verán familias!

Álbum: Sen categoría -> Festa fin de curso 2023

Día do Medio Ambiente 2023

Este ano tivemos a sorte de contar con David Arcay, para conmemorar o día do Medio Ambiente. Explicounos moitas cousas e deixounos usar a súa cana de pesca. Grazas David!

Álbum: Sen categoría -> Día do Medio Ambiente 2023

Día das letras galegas 2023

Este ano pasámolo en grande tocando instrumentos tradicionais. Foi unha xornada diferente e moi divertida!

Álbum: Sen categoría -> Día das Letras Galegas 2023

Día do libro, 2023

Este ano, para a celebración do día do libro, o alumnado do Ceip Antía Cal fixemos uns marcapáxinas moi chulos, para seguir lendo eses libros que tanto nos gustan. Quedáronnos xenial!

Álbum: Sen categoría -> Día do Libro 2023

Semana da Prensa

Álbum: Curso 2022/2023 -> Semana da Prensa

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Álbum: Curso 2022/2023 -> DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Entroido 2023

Álbum: Curso 2022/2023 -> Entroido 2023

Día da Paz

Álbum: Curso 2022/2023 -> Día da Paz

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer