Unha visita especial!

Con moita ilusión compartimos unha experiencia especial que vivimos no noso cole!

Esta semana tivemos a honra de recibir a visita de Paula, a Concelleira de Educación do noso concello. Durante a súa visita, Paula compartiu palabras inspiradoras sobre a importancia da educación inclusiva e o respecto mutuo, ademais de agasallar aos nosos trotamundos un libro relacionado coa igualdade e a equidade. Este xesto lembrounos o poder transformador da literatura para transmitir mensaxes de conciencia e xustiza social.

Ademais, en colaboración co Concello, Paula promoveu a elaboración dun obradoiro para conmemorar o Día do Libro. Este taller non só foi unha oportunidade para fomentar o amor pola lectura entre os nosos estudantes, tamén nos permitiu reflexionar sobre o valor da literatura para adquiri valores fundamentais como a tolerancia e a solidariedade.

Estamos agradecidos pola visita de Paula e polo seu compromiso coa educación e o benestar da nosa comunidade. A súa presenza inspíranos a seguir traballando xuntos para construír un futuro máis xusto e equitativo para todos e todas.

Grazas por ser parte desta emocionante experiencia!


Podedes ver máis imaxes deste día clicando aquí.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer