Skip to Content

Listaxes de libros Curso 2024-25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar e descargar a listaxe dos libros corrrespondentes a cada nivel para o vindeiro curso escolar 2024/25

Libros Educación Infantil

Libros Educación Primaria

 
 
 
 
 
 

Formalización de matrícula Curso 2024-25

Infórmase de que o prazo para formalizar a matrícula do curso 2024-25 abrangue dende o 20 ao 30 de xuño de 2024.

Non formalizar a matrícula na data establecida, representa a renuncia a praza (en ningún caso se avisará por teléfono).

 Máis información

Documentación a presentar:

1.- Documento de formalización da matrícula (Anexo III-1).

2.- Ficha do alumno/a cos datos persoais e familiares.

3.- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.

4.- Autorización para as saídas escolares.

5.- Autorización recollida en horario lectivo.

6.- Enquisa lingüística.

 

 Ademáis, deberase aportar:

1.- Dúas fotografías tamaño carné do alumno/a.

2- Fotocopia dos DNI dos pais e do alumno/a, se o ten.

3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria ou certificado médico.

 

 
 
 
 
 
 

Brinquiños 2024

Xa temos con nós a segunda edición da revista escolar "Brinquiños"!

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, agardamos que disfrutedes deste traballo feito con todo o agarimo do alumnado e do profesorado colaborador neste proxecto. Preme na imaxe para gozar da nosa revista.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

"Sibila" de Diego Velázquez

O alumnado de sexto curso, tivo a sorte de poder admirar o  cadro "Sibila" de Diego Velázquez, exposto de xeito temporal no Museo Provincial de Lugo, así como coñecer a historia e características principais do mesmo. Sen dúbida o mellor xeito de rematar o curso escolar!

 

 
 
 

Graduación 6º E.Primaria 2024

Despedimos unha nova promoción de 6º de E Primaria. Chegou o momento de abrir novas portas, afrontar novos desafíos e seguir medrando e aprendendo. Os nosos mellores desexos para a nova etapa que ides emprender!!.

Moitos Parabéns, Graduad@s!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Graduación 6 E.Primaria 2024

Graduación E.Infantil 2024

Os nosos "grandes pequenos" do colexio, fanse maiores e rematan a etapa da Educación Infantil. Moitos parabéns a tod@s!! Vémonos na Primaria!

 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Graduación E.Infantil 2024

Arde Lucus 2024

A piques de iniciar unha das fins de semana máis máxicas para a nosa cidade, o alumnado e profesorado do colexio saímos á rúa para anunciar que as "tropas romanas máis os castrexos do Ceip Anexa" inauguramos o ARDE LUCUS 2024.

 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Arde Lucus 2024

Saída ao Rocódromo

O alumnado de 3º curso de EP, desprazouse ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para gozar dunha xornada no rocódromo. Pasáronno xenial practicando a modalidade deportiva de escalada.

 
 
 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Saída ao rocódromo: 3 EP

Actividade de Orientación

O alumnado de 5º e 6º de EP tivo a sorte de achegarse ao deporte de orientación,  da man de Francisco Varela Lorenzo, campeón a nivel nacional nas modalidades de RAIDS E MTB-O, a nivel europeo de RAIDS, e, de series mundiais de RAIDS. Gozaron de dúas xornadas (unha no centro e outra no parque Rosalía de Castro), nas que puxeron en acción corpo en mente. "Primeiro pensa e despois corre".

 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Actividade de orientación

2º EP visita a Granxa Escola Belelle

O pasado venres, día 7 de xuño, o alumnado de 2º curso de EP, desprazouse ao municipio de Neda, na Coruña, para visitar a Granxa Escola Belelle. Alí tiveron a oportunidade de aprender moitísimas cousas sobre diferentes animais: coellos, cabras, ovellas, galiñas, pavos reais e ata un dromedario!.

Fixeron pan, iniciáronse na equitación, identificaron plantas, árbores... Sen dúbida, unha excursión de remate de curso, XENIAL!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Excursión 2EP Granxa escola Belelle
Distribuir contido


by Dr. Radut