Skip to Content

Recollida dos vales de axuda de material escolar para Educación Infantil

O prazo de recollida dos vales de axuda de  material escolar para o alumnado de Educación Infantil, é o seguinte:

DO 23 DE SETEMBRO AO 4 DE OUTUBRO

 

  • As listaxes pódense consultar na seguinte dirección: 

https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios 

ou na oficina de educación.

 

  • Lugar de recollida: Oficinas da Concellería de Educación

(C.S. Uxío Novoneyra. Rúa Quiroga Ballesteros).

 

  • Horario de recollida: de 09:00h a 14:00h

 

  • Documentación que se precisa:
  • Certificado escolar onde conste identificación do neno/a así como o centro e o curso.

Importante: No caso de non recoller o vale o propio solicitante, deberá acompañarse dunha autorización deste máis a copia do DNI.

 

 

 
 
 
 
 
 
 

 

 

 

 

 

Información sobre a actividade de aprendizaxe do Chinés

No arquivo adxunto, pódese consultar a información relativa, enviada pola Escola Oficial de Idiomas de Lugo, sobre a realización da actividade, con carácter extraescolar, do ensino do Chinés. 

Información Aprendizaxe Lingua Chinesa

Os interesados poden mandar ao correo do Ceip Anexa o nome e curso do alumno/a interesado na actividade.

Está previsto que as clases  comecen o día 7 de outubro, aínda que, esta data pode sufrir variacións.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Menús almorzo/xantar - Setembro 2024

Descarga aquí o menú de almorzo

Descarga aquí o menú de xantar

 

Máis información no apartado web de "Comedor Escolar"

 
 
 
 
 
 
 
 

Comezo Curso Escolar 2024-25

O vindeiro mércores, día 11 de setembro, en horario de 09:00 h a 14:00 h  dará comezo o curso escolar 2024-25 para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria , agás o alumnado de 4º curso de Educación Infantil, que comezará o proceso de adaptación.

As quendas de entrada son as seguintes:

 

 

 
 
 
 
 
 

Entrega do fondo de libros e vales para a adquisición de material escolar

A partires do martes, día 3 de setembro, en horario de 10h a 13:30h poderanse recoller, na secretaría do centro, os libros adxudicados para o presente curso escolar a través do programa "Fondo Libros", máis os vales de axuda para material escolar que quedaron pendentes de recollida no mes de xullo.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comedor escolar Curso 2024/25

 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS COMEDORES ESCOLARES -  CURSO 2024/2025.

Descargar o cartaz informativo

 As persoas interesadas en solicitar o alta no servizo como usuarias, deberán rexistrarse a través da nova APP de comedores COLECHEF

Máis información na Web do Concello de Lugo: 

Servizo Municipal de Comedores Escolares

O servicio de comedor estará disponible dende o primeiro día lectivo, o mércores 11 de setembro, e o servicio de madrugadores, dende o xoves,  12 de setembro.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Listaxes de libros e material funxible Curso 2024-25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar e descargar a listaxe dos libros corrrespondentes a cada nivel para o vindeiro curso escolar 2024/25

Libros Educación Infantil

Libros Educación Primaria

Material Funxible 4º EP

Material Funxible 5ºA EP

Material Funxible 5ºB EP

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Calendario Escolar Curso 2024-25

Premendo no enlace, pódese descargar a ORDE do 12 de abril de 2024, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Os dous días de libre disposición escollidos polo centro son: 

  • luns, 4 de novembro de 2024
  • venres, 2 de maio de 2025.

 
 
 
 
 
 
 
 
 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar. Curso 2024-25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar a listaxe provisional de adxudicación do Fondo de libros para o curso 2024-25.

No seguinte enlace, pódese consultar o estado das solicitudes de axudas para adquisición de libros e material escolar.

Horario de recollida de vales:

Luns 8 e martes 9 de xullo, de 10:00h a 13:30h 

 
 

Fondo solidario de libros e axudas para libros de texto e material escolar - Curso 2024/25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar e descargar, a información sobre as axudas convocadas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 .

 

DATAS A TER EN CONTA:

. Do 21 de maio ao 21 de xuño: prazo de presentación de solicitudes fondo libros.

. Día 3 de xullo: publicación da listaxe provisional na secretaría do centro.

. Días 4 e 5 de xullo: reclamación ás listaxes.

. Día 8 de xullo: publicación das listaxes definitivas.

Días 9 e 10 de xullo de 10:00h a 13:30h:  entrega de vales de axudas de libros e material.

Nota: As familias que non recollan os vales nestes días (9 e 10 de xullo), terán que agardar ao mes de setembro.

. Primeira semana lectiva de setembro: entrega de libros do fondo solidario.

 

 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut