Normalización lingüistica

Recomendación do Departamento de Dinamización e Normalización da Lingua

PDF con recomendacións dende o Departamento de Dinamización de Normalización da Lingua sobre a exposición e actividades que se están a facer no Museo Gaiás relacionadas co Seminario de Estudos Galegos.

Samaín 2023

 

Estimadas familias:

Achégase o Samaín e como forma parte da nosa tradición máis enxebre, o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega quere organizar unha serie de actividades:

  • En coordinación co Equipo da Biblioteca, realizarase unha exposición de libros sobre a temática dos medos infantís e de como superalos ou afrontalos, e do Samaín.
  • Organizar unhas exposicións nos edificios de educación infantil e no de educación primaria . Ditas exposicións levarán por título “Varrendo os medos”. A idea consiste en transformar unha vasoira (de bruxa, facendo así clara mención ás meigas galegas) nunha personaxe de medo, ou un obxecto relacionado con esta temática. Pensamos que poden traelas durante a semana do 23 ao 27 de outubro, a ser posible nos primeiros días, luns e martes para que así os nenos poidan ir desfrutando xa da exposición ao longo da propia semana.
  • Ademais tamén se traballará nas titorías con outras propostas didácticas que o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua fará ao profesorado e alumnado. Esperamos que vos agraden e pedimos a vosa colaboración para á que de antemán vos damos as grazas.

 

O Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega.

MODO GALEGO: Vicente Feijoo

Modo Galego: Aportación de Vicente Feijoo, Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG

 

(Descargar o arquivo de vídeo para reproducilo)

MODO GALEGO: 3ºC

Modo Galego: Aportación de Ana de 3ºC

(Descargar o arquivo de vídeo para reproducilo)

MODO GALEGO: 5ºD

Modo Galego: Aportacións do alumnado de 5ºD

(Descargar os arquivos de audio para reproducilos)

MODO GALEGO: REFLEXIÓN

Modo Galego: reflexión

 (Descargar arquivo de audio para reproducilo)

Modo galego, actívao!

 

Estimadas nais, pais, familias

A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos do concello decidimos desenvolver  colaborativamente O proxecto Modo galego, actívao!

O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.

Trátase de facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego, e artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. Cada entrada tratará dun asunto particular e poderá incluír distintos materiais e propostas. As e os titores, participando, adquiren o compromiso de revisar o blog todos os días co alumnado.

Podedes consultar o funcionamento do programa no seguinte enderezo Día 0 - En que consiste o programa de compromiso lingüístico? (academia.gal)

 

A lingua galega e o seu emprego habitual é un eixo fundamental do noso proxecto educativo, e entre todos os integrantes da comunidade educativa debemos potencialo, xa que forma parte da nosa identidade como pobo e forma parte do noso valioso patrimonio, por iso pedimos a vosa colaboración e implicación.

Un saúdo

 

O Valor da Lingua Galega (Actualizado 10-III-23)

Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do C.E.I.P. A Maía estamos a realizar unha actividade de posta en valor da lingua galega a través da colaboración de familiares do alumnado.

Con vídeos como os que se poden ver na ligazón animamos ao alumnado a empregar a nosa lingua en todos os ámbitos da vida: profesionais, académicos e persoais.

Se desexa colaborar nesta iniciativa, rogamos envíe ao correo do centro un pequeno vídeo en formato horizontal coa súa presentación e un saúdo ao alumnado animándoo a empregar a linuga galega en todos os ámbitos da vida.

Moitas grazas!

 

23 DE FEBREIRO: ROSALÍZATE

 

Estimadas nais, pais, familias.

O día 23 de febreiro conmemoraremos o Día de Rosalía.

A nivel de centro dispoñemos de materiais variados para traballar nas aulas e montaremos unhas instalacións “O xardín vertical de Rosalía”, con producións do noso alumnado. Ademais das actividades de carácter educativo que temos previstas no centro, como cada ano e en colaboración co Departamento de Dinamización do Concello de Ames, colaboraremos nas actividades propostas por el.

A proposta para este 2022 é unha actividade que está aberta a participación de toda a veciñanza.

Vanse instalar dúas estruturas a modo de photocall, unha na Travesía do Porto do Milladoiro e outra na Praza da Maía de Bertamiráns, entre o 15 e o 28 de febreiro. Nesas estruturas, ademais do pousadoiro, estarán dispoñibles máscaras rosalianas para que quen queira poida fotografase con elas (#rosalízate). A idea é que esas fotografías se suban ás redes acompañadas de versos rosalianos e do cancelo #rosalízate.

Nos documentos adxuntos podedes descargar as máscaras para empregar no photocall.

Ademais realizaranse as seguintes actividades:

TEATRO INFANTIL (a partir de 6 anos): Rosalía , o lugar onde medran as poetas (convites xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 18.30 h. Casa da Cultura de Bertamiráns

-TEATRO ADULTO: Libre coma os paxaros, de Teatro do Atlántico (entradas xa na Billeteira do concello de Ames). 17/02/22 ás 20.30 h. Casa da Cultira de Bertamiráns

-Mural As Rosalías de Yoseba Muruzabal (inauguración o 23/02/22 ás 18.30 na Casa da Cultura do Milladoiro)

 

 

Distribuir contido