Estimadas familias,
Conscientes das múltiples informacións que estades a recibir, queremos aclararvos que nos puxemos en contacto coa central de seguimento de contactos (CSC) para que nos aclaren definitivamente cando se incorporarán á aula ordinaria o alumnado se que se encontra corentenado.
A CSC nos indica o seguinte:
A realización da corentena implica a necesidade de que o contacto estreito permaneza no domicilio, colabore no seguimento que realizará a CSC da súa situación clínica e realice as probas diagnósticas que esta lle indique.
De forma xeral, estas PDIA acostuman a ser unha PCR ao inicio da corentena e, se esta primeira é negativa, unha segunda PCR que permita finalizar a corentena con seguridade. Polo tanto, toda persoa identificada como contacto estreito dun caso confirmado, independentemente de que sexa traballador/estudante dun centro educativo ou pertenza a calquera outro colectivo, deberá permanecer en corentena ata que obteña o resultado negativo da PCR que se solicitará transcorridos 10 días do último contacto co caso confirmado.
Se, polo motivo que fose, pasan 14 días do último contacto co caso confirmado e non se realiza a PCR, a corentena finalizará igualmente.
Igualmente nos indicaron que, as únicas persoas autorizadas para determinar a finalización da corentena son os rastreadores, son conscientes de que os pediatras están levantando corentenas, e nos indican que non deben facelo. Insisten en que só os rastreadores poden indicar a finalización da corentena.
Esperamos con estas indicacións, aclararvos algo nesta situación tan confusa e complicada.
Queremos darvos as grazas pola vosa colaboración e transmitirvos o noso desexo de que vos atopedes ben.