Centro

A festa do Magosto

   Fixemos o magosto xusto a véspera do S. Martiño, e aínda que estamos no tempo das chuvias, realmente este ano o tempo portouse moi ben para poder realizar esta actividade.

   As castañas estaban boísimas polo que dimos boa conta delas. 

   Esforzámonos especialmente  na recollida e limpeza do patio e tan ben o fixemos, que a hora da saída non parecía que estiveramos tantos nenos tomando castañas e bailando. E este ano a música tamén nos gustou a todos moitísimo!.


 

BIBLIOTECA PARA NAIS,PAIS,FAMILIAS

Estimadas nais, pais, familias,

Durante este curso queremos poñer á vosa disposición para lectura e consulta, unha selección de libros de pedagoxía de temas varios. A finalidade é que poidades coñecer distintos enfoques,  aprender, reflexionar  e incrementar a vosa seguridade como nais e pais e contar con informacións e criterios veraces, que sen dúbida, pódenvos axudar a exercer un bo desempeño pedagóxico na crianza dos vosos fillos e fillas. Tentamos seleccionar libros con  unha visión sinxela e amena sen renunciar ao rigor, e que vos axuden no exercicio de vosa máis apaixonante responsabilidade: a de ser nais e pais.

Poderedes retiralos na nosa biblioteca os luns en horario de 16:30h a 17:30h. Esperamos que vos animedes a lelos, e que os atopedes de utilidade.

O noso agradecemento para a ANPA que será quen xestione directamente o préstamo.

 

 

Maxia na Maía

   Dentro das actividades do XII Festival de Maxia de Ames, que se vai desenvolver desde este luns 23 ao 29 de outubro nos centros de ensino e na Casa da Cultura do Milladoiro, hoxe tivo lugar no noso centro un espectáculo de maxia a cargo dos magos Roberto Lolo e Pedro Bugarín. O festival está organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación e da Axencia Galega de Industrias Culturais.

   Roberto e Pedro comenzaron as 9.30 con dúas sesións para os máis pequenos no edificio de infantil e despois pasaron ao salón da Biblioteca para os alumnos de primaria.

 

 

 

 

ESTRELAS DO ROCK

Parabéns para Aida, Marta, Raquel e Sabela, as estrelas do rock do Ceip A Maía!  que co tema “Tolemia animal” veñen de acadar o 3º premio na categoria infantil no certame Quero Cantar. Parabèns por suposto ao seu profe de guitarra, q as preparou e animou a participar. 
Noraboa rapazas! Orgullosos de vós!

 

AS ESTRELAS DO ROCK

Para os que aínda non as coñecedes queremos presentarvos ás estrelas do rock!! Catro mozas de Bertamiráns que acuden ás clases de guitarra de Miguel Alonso no Ceip da Mahía e que hoxe a partir das 18.30 tamén van estar no teatro Colón da Coruña, na gala final do Quero Cantar. Queremos transmitirvos todo o noso apoio, estamos orgullosísimos de que chegaredes á final e desexamos que hoxe pola tarde brilledes como o que sodes: as estrelas do rock. Ánimo rapazas

Obradoiro de Eco percusión en primaria

Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro tivemos un obradoiro de música, ECO PERCUSIÓN, en distintas sesións e espazos do colexio, magníficamente impartido polo músico cubano Edel, para os nenos e nenas de 2º a 6º cursos, no que, entre outras cousas, tiveron a oportunidade de tocar a batería ademais de escoitar diferentes ritmos interpretados polo percusionista como  bossa-nova,  paso dobre,  valse ou o reggaeton e tocar ritmos en eco,  empregando material de reciclaxe. Todo iso contaxiados polo entusiasmo de Edel pola música e pola percusión.

Máis fotos e debuxos dos alumnos e alumnas premendo AQUÍ

Obradoiro de ECO PERCUSIÓN

      Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro tivemos un obradoiro de música, ECO PERCUSIÓN, en distintas sesións e espazos do colexio, magníficamente impartido polo músico cubano Edel, para os nenos e nenas de 2º a 6º cursos, no que, entre outras cousas, tiveron a oportunidade de tocar a batería ademais de escoitar diferentes ritmos interpretados polo percusionista como  bossa-nova,  paso dobre,  valse ou o reggaeton e tocar ritmos en eco,  empregando material de reciclaxe. Todo iso contaxiados polo entusiasmo de Edel pola música e pola percusión. 

 E algúns dos traballos dos rapaces:

 

  

Paco Nogueiras con infantil na Maía

 

  Os pequenos de infantil, antes de comezar as vacacións, puderon disfrutar da actuación de Paco Nogueiras organizada polo Equipo de Infantil. Aínda que ao inicio estaban algo tímidos, despois cantaron e bailaron sen parar a pesar da calor. Brincavai, O samaín, O antroido move o corpo e En Galego, son as súas cancións preferidas..... Pasámolo xenial! Grazas Paco!

 

traballos de relixión

 

 

   Algúns dos traballos de relixión católica realizados ao longo do curso 2016-2017 polos alumnos de infantil e primaria.

 

Benvida aos novos alumnos de infantil

   BENVIDOS AO CEIP A MAÍA:

  A través deste video elaborado por mestras e mestres de Educación Infantil mostramos o día a día nas aulas dos máis pequenos do cole...

Distribuir contido