Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro tivemos un obradoiro de música, ECO PERCUSIÓN, en distintas sesións e espazos do colexio, magníficamente impartido polo músico cubano Edel, para os nenos e nenas de 2º a 6º cursos, no que, entre outras cousas, tiveron a oportunidade de tocar a batería ademais de escoitar diferentes ritmos interpretados polo percusionista como bossa-nova, paso dobre, valse ou o reggaeton e tocar ritmos en eco, empregando material de reciclaxe. Todo iso contaxiados polo entusiasmo de Edel pola música e pola percusión.
Máis fotos e debuxos dos alumnos e alumnas premendo AQUÍ