Os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistiron o venres na Aula de Cultura de Bertamiráns á representación da obra "Jack and the giant!" representada pola compañía de teatro en inglés FACE 2 FACE.
O argumento deste conto popular inglés é o seguinte: Jack, un rapaz de familia humilde intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas medran pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas nubes onde vive un xigante...
O alumnado do Ceip A Maía participou xunto cos outros colexios do Concello de Ames nesta actividade proposta polos Equipos de Normalización Lingüística: unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas no Día das Letras Galegas.
Plasmamos sobre lousas os versos do Cancioneiro de Cotobade e pendurámolas das árbores e nos bancais do paseo fluvial para que a veciñanza de Bertamiráns tamén as desfruten, ao tempo que recitan os seus versos: "Eu son o vento que me presento, vou e veño coma un cataventos. Son o vento que nunca está quedo". "Teño unha herba na horta, pasa por riba do muro, se o teu camiño é val, o meu tamén é seguro", que posteriormente iremos a colocar nun dos parques do paseo fluvial de Bertamiráns.
Premer na imaxe para poder ver as laxas feitas polo alumnado de educación infantil e primaria.
Para conmemorar o Día do libro que se celebrou o 23 de abril, o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas. Eles e elas foron os que escolleron os libros para traballar... Esta montaxe ofrece unha visita por tódalas portas do colexio de primaria e infantil. (Para ver a entrada completa entrade na Web da Biblioteca)
Como nas portadas dos libros, cada porta ofrece unha historia e moitas aventuras. Pasade!
O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o Día do libro que se celebra hoxe 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.
En esta montaxe xa podedes ver como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)
Este mércores 20 de marzo teremos a presentación do monográfico da Revista Galega da Educación, de Nova Escola Galega, sobre Servizos complementarios. Será ás 19:00 horas no comedor do CEIP A MAÍA.
Como sabemos que é un tema do voso e do noso interese, estades todos convidados.
Este domingo 24, celebrarase un ano máis o Día de Rosalía.
Como ven sendo habitual, dende o centro sumámonos a esta celebración da "nosa" escritora, unha das figuras principais do rexurdimento da literatura galega e unha das escritoras máis importantes da literatura española, conmemorando o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con diversas iniciativas nas que compartimos coa comunidade a obra da autora.
Así, ao longo destas semanas mediante os proxectos “Rosalía tamén vive aquí” e “Rosalía na terriña”, estivemos a colocar carteis e laxas de pizarra con distintos versos da poetisa, co obxectivo de deleitar a todos e todas as viandantes que se atopen con estes anaquiños de literatura.
A través destas iniciativas de aprendizaxe - servizo, quixemos converter Bertamiráns en vila poética. Para isto deixarán laxas con versos da obra rosaliana nunha das zonas verdes de Bertamiráns, no parque do rego Ameneiral, coa finalidade de que os viandantes se atopen con elas e gocen dun pequeno petisco da obra desta autora.
Tamén participamos na difusión das actuacións a través de Radio Ames, aquí vos deixamos parte da entrevista a dous alumnos de 6º de primaria, Lara e Carlos, falando de todo o que conleva esta celebración no centro. Parabéns aos dous!