Orientación

1ª SAÍDA DURANTE O CONFINAMENTO: CANTO É UN KILÓMETRO

A partires de domingo as nenas e nenos menores de 14 anos poderán saír ao exterior durante 1 hora ao día. Esta aplicación que vos deixamos aquí (premede na imaxe) permítevos visualizar a área até onde podedes andar cos vosos fillos e fillas. Só tedes que premer no mapa encima de donde está a vosa vivenda.

Si queredes enviarnos fotografías da vosa primeira saída despois de tantos días confinados, podedes envialas ao correo do centro ceip.a.maia@edu.xunta.gal , irémolas publicando na web. Entendemos que si as enviades, estades autorizando esa publicación.

 

 

 

Por último, lembrade as normas básicas para estas saídas:

 

  •     Os nenos que poderán saír son os menores de 14 anos
  •     Sempre deberán ir acompañados dun adulto, xa sexa un proxenitor, un irmán ou o responsable do neno
  •     Cada adulto poderá acompañar ata a un máximo de tres menores
  •     Estas saídas só poderán darse unha vez ao día durante unha hora no horario de nove da mañá a nove da
  •     noite O paseo terá que ser dentro dunha distancia dun quilómetro desde o domicilio
  •     Os menores poderán saltar, correr e xogar pero sempre respectando o distanciamento social polo que non poderán xogar con outros nenos
  •     Os parques están terminantemente prohibidos
  •     En zonas rurais, poderán saír ao campo ou ao bosque sempre que se respecte o distanciamento social
  •     Os nenos poderán sacar á rúa os seus propios xoguetes
  •     As zonas comúns das comunidades de veciños non se poderán utilizar
  •     Os nenos non poderán saír á rúa se teñen síntomas de coronavirus ou febre.

 

#Bopaseo #Xaquedamenos

CONSULTAS AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Queridos alumnos, alumnas e familias:

No Departamento de Orientación estamos á vosa disposición para atender todas aquelas dúbidas ou consultas que nos querades formular neste tempo de confinamento. Podedes contactar con nós a través dos seguintes correos electrónicos:

conchymerayo@edu.xunta.es  (Orientadora)

estelalopezvarela@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)

mpicher@edu.xunta.es (Especialista de Pedagoxía Terapéutica)

ma.teresaperez@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)

Buzón de Convivencia: vídeo

 
O equipo de Convivencia quere poñer a disposición de tódalas tutorías o vídeo onde se explica o funcionamento do Buzón de Convivencia que, coma tódolos anos, estará a disposición do alumnado para recoller as súas suxestións, preocupacións ou problemas que lles poidan xurdir ao longo do curso.
 

Protocolo de problemas de conduta.

 O departamento de Orientación do Centro quere compartir con todos os membros da comunidade educativa este protocolo de problemas de conduta, con pautas e estratexias, e que podedes ler completo no PDF adxunto.

 

QUE ENTEDEMOS POR PROBLEMAS DE CONDUTA?

Entendemos por problemas de conduta os comportamentos que afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive (familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de convivencia e deteriorar o desenvolvemento persoal e social.

Moitos dos rapaces ou rapazas poden presentar algúns problemas conductuais; non obstante, só hai un problema de conduta importante cando a frecuencia e a intensidade destes síntomas provocan unha incapacidade ou deterioración importante na vida familiar, escolar e social.

 

 

Guía: "Axúdalle fronte ao acoso escolar"

Unha guía fronte ao acoso escolar, elaborada pola SECCIÓN DE PSICOLOXÍA EDUCATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA, que o equipo de Orientación do Centro quere compartir coa comunidade educativa.

 

 

Presentación do blog de Educación Emocional

    Hoxe presentamos un novo blog que xorde como froito dun grupo de traballo acerca da educación emocional,que pretende ir reflectindo a información que van  recopilando en forma de enlaces, vídeos, comentarios e recomendacións de libros…

    Chámase "EDUCANDO AS EMOCIÓNS CADA DÍA"  e a partir de agora podedes atopalo na sección do departamento de Orientación e directamente tamén na de blogs do Centro.

     Para acceder desde aquí premede na imaxe:

 

Powered by Drupal - Design by artinet