Escolares

Taller de debuxo de 4ºC e 2ºC

   Os alumnos de 4ºC e  2ºC da Maía realizan xuntos un taller de plástica para aprender técnicas de debuxo.

Jacobo Fernández Serrano cos alumnos de 2º

  Os nenos e nenas de 2º  recibiron fai uns días a visita de Jacobo Fernández Serrano autor de "A pedra e as formigas", e agora queren compartir con vos este video cunha montaxe das fotos da sesión.

 

Concerto de violonchelo e guitarra para os de 4º

  Antón e Xosé  déronlles aos alumnos de 4º un concerto de violonchelo e guitarra.

  Para saber máis destes dous instrumentos de corda (un de corda frotada e outro de corda pulsada) premede nos seus nomes.

 

Pepe Maestro na Biblioteca cos alumnos de 2º

  Animación á lectura hoxe na Biblioteca para o alumnado de segundo de primaria. Veu Pepe Maestro a contarlles contos clásicos: Juan y las habichuelas mágicas, Caperucita Roja, Juan sin miedo..

  Nesta actividade ofertada por Edelvives que lles gustou moito tamén lles falou dos Cadernos de Violeta.

 Pepe Maestro naceu en Cádiz  e tras licenciarse en FiloloXía Hispánica, realiza diversos cursos que o especializan en Literatura Infantil e xuvenil. Como escritor publicou....  LER MÁIS +

Os alumnos de 2ºC pintan a primavera no patio

  Os nenos/as de 2ºC da Maía fixeron esta actividade e saíron ao patio a pintar a primavera, que este ano comezou ás 11.29 do luns 20 de marzo.

Máscaras de Antroido en 2º

Os alumnos de 2º fixeron estas máscaras de Antroido inspiradas en animais.

Alumnos de 4º coas súas camelias "Rosalía de Castro"

Os alumnos e as alumnas de 4º despois de plantar as súas camelias Rosalía de Castro:

Día de Rosalía de Castro. Alumnos de 2º de primaria

   Os alumnos e alumnas do Ceip A Maía plantaron un gran seto de camelias da variedade Rosalía de Castro en homenaxe á escritora no seu día.  Neste video aparecen os rapaces de  2ºC de primaria plantando a árbore.

Neste collage dinámico  fotos dos alumnos de 2º A cando plantaron a súa camelia.

 

E aquí estan todos os alumnos de 2º co seu retrato transformado a partir dunha das imaxes máis coñecidas da escritora

 

 

 

Os alumnos de 6º no Parlamento de Galicia

   O mércores, 25 de xaneiro os grupos de alumnos de 6º que colaboran na Biblioteca fixeron unha visita ao Parlamento de Galicia. Alí asistiron a un Pleno e despois tamén foron á Biblioteca Afundación

Ver máis información sobre esta visita no blog da biblioteca, premendo AQUÍ.

Os Reis Magos de 3º A

Con platos e con plastilina, os alumnos e as alumnas de 3º A de primaria do Ceip A Maía, fixeron esta árbore de Nadal e os Reis Magos. Tamén fixeron coroas de espumillón para decorar as portas de casa.

 

 

Distribuir contido