Estimadas familias e alumnado:
Informamosvos das actividades de final de curso para o alumnado de 6º de Educación Primaria que se van a desenvolver nos vindeiros días. Estas actividades están contempladas no Plan de Transición entre etapas educativas que forma parte do Proxecto Educativo do noso centro e teñen como obxectivo facilitar o paso dos nenos e nenas dende a Educación Primaria á Educación Secundaria.
Actividades:
Como consecuencia das características singulares deste curso 2020-2021 derivadas da pandemia do covid-19, o alumnado de 6º curso non pode realizar a tradicional visita ao instituto tal e como se viña realizando en cursos anteriores.
Coñecedores da importancia que para os rapaces/as ten o feito de coñecer as instalacións e o funcionamento do novo centro, así como os cambios a nivel curricular que se producen en 1º da ESO, deseñamos as seguintes actividades en colaboración co departamento de orientación do IES Plurilingüe de Ames:
1- Presentación da información proporcionada polo departamento de Orientación do IES de Ames.
Esta guía rápida explicarásevos aos alumnos/as en cada una das titorías de 6º. Tamén a poderedes atopar na páxina web do noso centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/) e na aula virtual.
2- Visita ao IES de Ames o día 17 de xuño.
Por mor da imposibilidade de visitar o IES en horario lectivo debido ás restriccións do protocolo covid, solicitamos a colaboración das familias para poder realizar esta visita fóra do horario escolar do seguinte xeito:
Horario de visitas para o día 17 establecido para cada curso (prégase puntualidade):
6ºA: de 16:30 a 17:00 horas
6ºB: de 17:15 a 17:45 horas
6ºC: de 18:00 a 18:30 horas
Finalmente, recordamos ao alumnado e ás familias que os sobres de matrícula para 1º da ESO atópanse no noso centro (CEIP A MAIA), polo que non teñen que solicitalos ao IES, na vindeira semana serán repartidos ao alumnado.
Agradecemos a vosa colaboración
Departamento de Orientación do CEIP A Maía
Adxunto | Tamaño |
---|---|
GUÍA RÁPIDA paso de 6º PRIMARIA a IES- 21-22.pdf | 1.62 MB |