AUTOBÚS ESCOLAR: HORARIOS E PARADAS

Horarios: O horario das paradas sempre é aproximado. Deben estar 10 minutos antes nas paradas.

Os horarios a ter en conta son os de saída da parada inicial, as seguintes poderán sufrir pequenas variacións dependendo do tráfico ou das obras.

Autorizacións: Todo o alumnado transportado debe cubrir a autorización. Entrégase en secretaría ou envíase por correo electrónico ceip.a.maia@edu.xunta.gal

Alumnado de 4º de educación infantil (3 anos): Polos horarios do período de adaptación non farán uso do transporte até o luns 18 de setembro.

Paradas:

 

BUS Nº 1

Saída de Capeáns ás 8:36

Igrexa -  Covas ás 8:38h

Lombao: 8:40

Ventosa:8:41

Aldea Nova: 08:45h.

Porto: 08:50h

 

BUS Nº 2

Saída Paseo Fluvial : 08:43h.

Centro Médico: 8:48h

 

BUS Nº 3

Saída de Cortes: 08:30h.

Tarroeira:08:37h. Condomiña: 08:38h

Praza da Maía: 08:45h

 

BUS Nº 4

Pedregal: 08:45h. Chavián (Panadería Xallas): 08:50h

 

BUS Nº 5

Praza da Maía:08:40h

Panadería Xallas: 08:45h

 

BUS Nº 6

Centro Médico: 08:45h

Praza de Maía:8:50 h.

 

BUS Nº 7

Avenida Rosalía Castro, 34 (Supermercado): 8:40h

A  Madalena: 8:44h.

  

 

 Horario de regreso: Os autobuses saen do centro entre as 14:05h. e as 14:20h.

NORMATIVA SOBRE ACOMPAÑANTES NO TRANSPORTE

Todos os autobuses levan Acompañante Escolar. 

MANUAL DE SEGURIDADE VIARIA E BOAS PRÁCTICAS PARA PERSOAS USUARIAS DO TRANSPORTE DE ESCOLARES 

 

PROTOCOLO DE HÁBITOS SEGUROS 

AVISO IMPORTANTE TRANSPORTE ESCOLAR: AUTORIZACIÓNS

 

Poden consultar a parada asignada a través de Abalar Móbil, si non teñen parada é que non lles foi asignada.

Para poder usar o servizo de transporte escolar con todas as garantías É IMPRESCINDIBLE QUE ENTREGUEN A AUTORIZACIÓN correspondente na secretaría do centro ANTES DO INICIO DO CURSO. As acompañantes non permitirán o acceso ao autobús si non teñen notificación do centro  de que a autorización foi entregada.

 

 

A autorización é para todos os usuarios, independentemente de si fan o servizo de entrada, de saída ou de entrada e saída. TODOS DEBEN ENTREGALA.

 

 Debe estar  perfectamente cumprimentada con todos os datos e asinada, senón non é válida.

 

 

O centro está aberto en horario de 9:00h a 14:00h o poden facela chegar por correo electrónico ao centro: ceip.a.maia@edu.xunta.gal

 

AUTORIZACIÓN DE RESPONSABLES PARA RECOLLER NA PARADA para alumnado de educación infantil e 1º, 2º, 3º, 4º de educación primaria

 

AUTORIZACIÓN DE RESPONSABLES PARA RECOLLER NA PARADA para alumnado de 5º e 6º de educación primaria

 

 

Concerto e Taller musical

Dende o Departamento de Música achegamos un PDF co seguinte contido:

 

Actividades musicais organizadas polo Departamento de Música co gallo das Letras Galegas 2023.

Concerto con material de refugallo a cargo de Xavi Lozano para EI e 2º de Primaria.

Taller de instrumentos Tradicionais a cargo de Pablo Seoane para 5º de Primaria.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

De acordo co compromiso de centro -recollido no Proxecto Educativo-  adoptado desde o 2019 de non empregar libros en educación infantil e de reducir nos primeiros cursos da educación primaria, faise pública a lista de libros para o curso 2023/24.

 

Educación Infantil: Non hai libros

 Educación primaria:

Poden consultar o listado de libros para 1º, 2º, 3º e 4º de  educación primaria para o  curso 2023/24 aquí

 

5º e 6º de primaria son cursos EDIXGAL, dispoñen dun entorno virtual de aprendizaxe. Non hai libros en formato papel.

 

Os listados de material para os distintos cursos, tanto de infantil como de primaria serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR

As persoas interesadas no servizo de transporte escolar DEBEN FACER A SOLICITUDE (prazo do 15 ao 30 de xuño)  a través deste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/1160

Considerarase persoa usuaria con dereito a transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario/a con dereito ao servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa. Neste senso, excepcionalmente, pode considerarse como domicilio do alumnado o daqueles familiares cos que o/a estudante efectivamente conviva.

Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida para tal efecto polo concello, a partir de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.

Do mesmo xeito, para manter a condición de usuaria/o con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2023-2024.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2023/24

Segundo o indicado no Artigo 16 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

 Ao rematar o curso 2022/23, o alumnado beneficiario de libros de texto do fondo, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2023/24.

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2023.

 

O horario establecido polo centro para a devolución é o seguinte:

 

 

Luns 19 de xuño

Martes 20 de xuño

Mércores 21 de xuño

Mañá

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

Tarde

De 16:30h a 18:30h.

Non hai recollida

Non hai recollida

 

 

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución. 

Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

 

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

 

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2023/24

Segundo o indicado no Artigo 16 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

 Ao rematar o curso 2022/23, o alumnado beneficiario de libros de texto do fondo, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2023/24.

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2023.

 

O horario establecido polo centro para a devolución é o seguinte:

 

 

Luns 19 de xuño

Martes 20 de xuño

Mércores 21 de xuño

Mañá

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

Tarde

De 16:30h a 18:30h.

Non hai recollida

Non hai recollida

 

 

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución. 

Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

 

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

 

 

Transporte Escolar CURSO 2024/25

Solicitude do servizo de transporte escolar curso 2024/25

PERÍODO DE PRESENTACIÓN: DO 14 AO 30 DE XUÑO DO 2024

Require un correo electrónico para poder facer a solicitude.

 

Instrucións: Ler primeiro

O seguinte formulario é un modelo de solicitude de praza de transporte escolar para o curso 2024/25.

-Cubra os datos de xeito claro. A solicitude chegará ao centro e vostede poderá recibir unha copia no correo electrónico que indicou.
-Cubra só unha solicitude por FAMILIA.
-Presentar a solicitude non garantiza a praza no transporte.
-Cando deba escribir os apelidos e nome do alumnado o formato é, por exemplo: López López, Ana.
-Lembre que os niveis que se imparten no centro son: en Infantil 4ºEI, 5ºEI e 6ºEI; en Primaria 1ºEP, 2ºEP, 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP. 

 


 

Normativa Aplicable

LEI 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. (BOE, 31/07/87). Texto consolidado, 29 de setembro de 2018.

REAL DECRETO 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/01). Modificado polo Real Decreto 894/2002, do 30 de agosto, (BOE, 31/08/02). Texto consolidado, última modificación: 5 de setembro de 2006.

DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 27/06/88). Modificado polo Decreto 342/1998, do 27 de novembro, (DOG, 03/12/98) e polo Decreto 65/2014, do 28 de maio,  (DOG, 10/06/14).

 


 

Distribuir contido